Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

A escola é un dos primeiros espazos onde o individuo se forma en todo tipo de aprendizaxes e materias entre as que cobran especial relevancia as linguas. Desde as etapas máis temperás o alumnado irá adquirindo unha maior competencia lingüística e mellorando as destezas comunicativas que lle serán fundamentais para o seu desenvolvemento integral, tanto dende o punto de vista académico como persoal. O sistema educativo deberá garantir, logo, o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e favorecer o coñecemento de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada en que vivimos.

Os centros escolares concretarán a súa planificación lingüística no PLC (Proxecto Lingüístico de Centro) axustándose ao descrito no Decreto 79/2010. Neste documento pedagóxico-administrativo especificaranse, entre outros datos, a distribución lingüística curricular, as medidas de apoio e reforzo para mellorar a competencia lingüística do alumnado e as actuacións encamiñadas a dinamizar o uso da lingua galega.

Tal e como se indica no artigo 14º, o PLC será redactado por unha comisión nomeada polo equipo directivo e constituída, como mínimo, polos/as xefes/as dos departamentos de linguas e mais o/a coordinador/a do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega). No dito decreto establécese tamén que deberá remitirse á Inspección Educativa cada 4 anos e actualizarse anualmente nunha addenda que recolla os cambios producidos a respecto do curso anterior.

Podése consultar máis información no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

AdxuntoTamaño
PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO.pdf990.5 KB


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

blog | by Dr. Radut