Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Christmas Carols polos nenos de infantil de 4 anos

Hello children:
“Christmas is here..."
FANTASTIC!
  A semana foi moi intensa no cole. Fixemos moitas actividades relacionadas co Nadal... e  ademais...
celebramos o festival de Nadal na biblioteca do centro...WHOAA!!


O alumnado de 5º de Infantil participou con tres actuacións moi animadas. Cantaron e bailaron tres "Christmas carols" moi marchosos que aprenderon na clase de inglés coa "teacher". HOOREY!

A profe Rosana axudou ao seu alumnado a practicar "We wish you a Merry Christmas".


  
O profe Ramón tamén botou unha man nos ensaios, e os nenosda súa clase cantaron a famosa panxoliña "Jingle bells".

O grupo da profe Bea animou ao público grazas ao seu divertido baile coa canción "Rocking around the Christmas tree". 

'Thank you very much' a todo o profesorado que axudou na preparación das panxoliñas!   O certo e que o fixéchedes xenia! VERY GOOD!

De feito, ás nosas mascotas de "English" encantoulles o show.  "Cookie, the Cat"e "Lulu, the Kanguroo" deséxanvos unhas felices vacacións de Nadal: MERRY CHRISTMAS!

 Ademais, "Denzel, the duck", "Patch, the dog", "Spot, the puppy" e "Monkey" tamén vos queren dicir algo: HAPPY NEW YEAR!!!

 De seguro, Father Christmas vos agasallará con algún "present", xa que aprendíchedes moitas cousiñas na clase de "English" e vos portáchedes moi ben.  HO, HO, HO!!!!

A Volta das vacacións, xa nos contaredes que había para vos 'under the tree'...

Agora que xa sabedes o que vos trouxo "Santa", teredes que agardar uns días para ver que surprises  vos taren os "Three wise men".

Nada mais polo de agora. A gozar da compaña das nosas "families", ese é o mellor agasallo!... e xantar moito turrón, "of course"!

Happy Christmas everyone!

 



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut