Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS PARA O 1º DÍA DE COLEXIO (12/09/2018)

 

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO PARA O 1º DÍA: 12/09/2018 EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar. Agás o de 1º de Educación primaria, que, de xeito excepcional por ser o 1º día, poderán baixar acompañados por unha persoa adulta. Igualmente esta excepción faise extensible para o alumnado de calquera nivel de Educación Primaria que se incorpore por 1ª vez ao centro.

O alumnado de 1º de EP dirixirase ao lateral esquerdo, esperará alí na zona asignada ao seu curso a ser chamado polo profesorado .

O alumnado de 2º, 3º e 4º de EP colocarase na parte dianteira do edificio, porta principal, e esperará alí na zona asignada ao seu nivel a ser chamado polo profesorado, agás o alumnado que 4º que entra directamente.

O alumnado de 5º e 6º de EP, dirixirase ao lateral esquerdo, 6º entrará directamente e o de 5º esperará alí na zona asignada ao seu nivel a ser chamado polo profesorado.

 

 

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO PARA O 1º DÍA: 12/09/2018 EDUCACIÓN INFANTIL

 

ALUMNADO DE 4º de INFANTIL (3 anos) 

 

Período de adaptación: Segundo o establecido e explicado polo profesorado na reunión informativa do período de adaptación.

Durante este período de adaptación non teñen autobús nin comedor escolar.

                                                                                                                  

ALUMNADO DE 5º e 6º de INFANTIL (4 e 5 anos)

 

Na pista deportiva descuberta, na zona de columnas, haberá indicada unha zona para cada grupo.

O profesorado estará en cada columna e unha vez que estea o grupo completo, subirán ao edificio de infantil para incorporarse ás súas respectivas aulas.

 

 

 

Lembrámoslle  aos familiares acompañantes que non está permitido acceder ao interior do edificio infantil, agás causa xustificada e previa autorización do profesorado que estea na porta.

 

 RESUMO DAS NORMAS DE CONVIVENCIA

O colexio abrirá diariamente as súas portas ás 8:50 horas. Non se permite a entrada de alumnado antes desta hora.

O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar.

Deberá evitarse a atención do profesorado nos horarios de entrada e saída para  temas particulares. Calquera incidencia deberá notificarse por escrito a través da axenda do alumnado.

 

Non está permitida a presenza de familiares polos corredores do colexio no  horario lectivo, agás para acceder a zona administrativa. As familias do alumnado de educación primaria que necesiten acceder as aulas  de primaria durante as sesións lectivas, deberán dirixirse ao persoal de  conserxería identificándose debidamente e indicando o motivo da visita.

As saídas ou entradas do alumnado ao longo das sesións lectivas deberán  xustificarse debidamente ante o profesorado titor. No caso das saídas, o adulto acompañante asinará no rexistro de saídas situado en conserxería. Os retrasos na puntualidade consignaranse no libro de rexistro, considerándose a reiteración de faltas de puntualidade como faltas de disciplina.

O alumnado non pode traer ao colexio teléfonos móbiles, reprodutores de  música ou calquera aparello electrónico.

Segundo a Lei de Convivencia do 30 de xuño de 2012, lembrámoslles as familias  "o deber de respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias".

Lembrámoslle a toda a Comunidade Educativa as prohibicións de fumar dentro  do recinto escolar, así como a de entrar con animais.

AdxuntoTamaño
ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO PARA O 1º DÍA_18_19PRIMARIA_INF.pdf509.24 KB


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut