Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018

 

 

Terán  dereito  ao  servizo  de  transporte  escolar  os  alumnos/as  de 2°  ciclo  de Educación  Infantil ou Primaria  que  teñan  os  seus  domicilios  fora  do  núcleo urbano  no  que  estea  situado  o  centro  e,  en  calquera  caso,  a  unha  distancia  do mesmo  superior  aos  2  km.

Normativa de referencia:

  • Art. 6º  e  Disposición  adicional  segunda  da  Orde  do 12  de  marzo  de  2013,  pola  que  se desenvolve  o  procedemento  para  a  admisión  do  alumnado  en  centros  docentes  sustentados con  fondos  públicos  que  impartan  ensinanzas  de 2°  ciclo  de  educación  infantil,   de educación  primaria,  de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei Orgánica  2/2006,  do  3  de  maio,  de  educación.
  • Art. 1°  do  Decreto  203/1986  do  12  de  xuño,  polo  que  se  regulan  determinados  aspectos  do transporte  escolar.
  • Instrución 6/2017  da  Secretaria  Xeral  Técnica  da  Consellería  de  Cultura,  Educación  e Ordenación  Universitaria,  do  30  de  maio,  sobre  a  Xestión  do  transporte  escolar  no  curso 2017-2018.

Os  alumnos/as  que,  en  base  a  normativa  sinalada  no  punto  anterior,  non  teñan dereito  ao  uso  do  transporte  escolar,  poderán  solicitalo  con  carácter  excepcional. Entendendo os solicitantes que só  poderán  ser  autorizados  en  precario  con  carácter  revogable:

  •  se  hai  prazas  baleiras  no  correspondente  autobús
  • para  uso  das  paradas  xa  existentes,  sen  modificación  das  rutas  nin creación  de  novas  paradas.
  •  sen  ter  necesidade  de  Incorporación  de  acompañante.

As  autorizacións  excepcionais  teñen  que  ser  solicitadas  polo  interesado  no  centro educativo  onde  estea  escolarizado  o  alumno/a e entregarllas ao titor ou titora antes do 20 de xuño.

Bertamiráns, 12 de xuño de 2017

 

 

A DIRECTORA

 

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut