Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Devolución dos libros de texto do curso 2016/17

 

Na semana do 19 ao 23 de xuño, todo alumnado beneficiario de libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2017/18. O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño 2017.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

  1. Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, etc. e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
  2. A devolución faise  só na secretaría do centro.
  3. Si os representantes legais do alumnado así o  desexan e o solicitan, recibirán un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos.

A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

Bertamiráns, 12 de xuño de 2017

 

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut