Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Informámoslles que hoxe saeu publicada no DOG a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 

 Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2017/18.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2017/18, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2016/17. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

Así mesmo, a aplicación informática permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 Prazo para presentar solicitudes

 

Dende o día 23 de maio ao día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

 

Bertamiráns, 22 de maio de 2017

 

A DIRECTORA

 

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

AdxuntoTamaño
170522_libros.pdf1.27 MB
ED330B_AnexoI_es_6_0.pdf2.04 MB


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut