Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

AVISO IMPORTANTE: SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE POR METEOROLOXÍA ADVERSA

   

"Diante da declaración informada pola Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), dunha alerta por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017 que afectarán a tódalas provincias de Galicia, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte,logo da súa reunión de hoxe con motivo deste fenómeno meteorolóxico:

   A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.

 

O noso centro entra dentro desta zona de alerta, polo tanto queda suspendido o transporte escolar entre  as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

blog | by Dr. Radut