Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

A RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo o establecido nesta resolución, o día 25 de outubro realizarase sorteo público ás 12:05h, na secretaría do centro para a designación dos membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que rexirá estas eleccións.

A constitución da Xunta Electoral terá lugar o 3 de novembro en hora a determinar.

Bertamiráns, 24 de outubro de 2016

Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

 

DIRECTORA



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

blog | by Dr. Radut