Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS)

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

Dirixímonos a vostedes para informarlles de que este centro educativo foi seleccionado aleatoriamente para participar no Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS polas súas siglas en inglés, Trends in International Mathematics and Science Study), xunto con outros moitos centros de máis de 60 países en todo mundo.

TIMSS é un estudo de investigación educativa dirixido pola Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo (IEA) e coordinado en España polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) xunto coas administracións educativas das distintas comunidades autónomas. Este estudo investiga as competencias matemática e científica do alumnadoe, actualmente, no noso pais realízase en 4.º curso de educación primaria.

No caso de que o seu fillo/a fose seleccionado para participar na mostra aleatoria, a súa participación no estudo non afectará ás súas cualificacións nin ao seu progreso no centro. Dado o deseño do estudo, todos os datos trataranse de maneira confidencial e anónima e non se publicarán resultados individuais que permitan identificar a estudantes ou centros educativos concretos.

O alumnado da clase de 4.º curso de educación primaria que resulte seleccionada, completará dúas probas de 36 minutos cada unha e un cuestionario de 30 minutos aproximadamente. Ademais, entregarase un cuestionario en papel a cada alumno/a para que as familias o enchan e o entreguen ao centro con anterioridade á realización da proba.

De acordo cos estándares do estudo poderá haber alumnado excluído da realización da proba por non ter unha competencia lingüística suficiente en lingua castelá e lingua galega ou por mor de necesidades específicas de apoio educativo incompatibles co formato dixital da proba.

A utilización dos datos realizarase de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos, incorporado ao ordenamento interno pola Real Decreto-lei 5/2018, do 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos. Así mesmo, terase en conta a Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública, así como a normativa que se deriva das mesmas. Toda a información recollida para o procesamento de datos será anonimizada.

 

Bertamiráns, 3 de maio de 2023

 

Atentamente

 

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

AdxuntoTamaño
TIMSS2023_Brochure_glg.pdf1.03 MB
SKM_C300i23050308550.pdf72.92 KB