Día Internacional dos dereitos da Infancia

Algúns dos paraugas para a nosa chuvia de dereitos, conmemorando o 20 de novembro!

 

 

DESCULPAS DA DIRECCIÓN DO CENTRO

Estimadas familias,

Como vostedes ben saben, sempre somos extremadamente coidadosos e respectuosos cos datos de carácter persoal do noso alumnado, e isto só pode ser atribuído a un erro involuntario froito de un descoido do mestre especialista que fixo a programación. Cada mestre é o único responsable das súas programacións, ditas programacións son documentos públicos para toda a comunidade educativa, por iso, para facilitar o acceso ás mesmas se publican na web do centro.

É normal que cada mestre teña coñecemento das características do alumnado ao que lle imparte para poder actuar tendo en conta as individualidades de cada un e así poder adaptarse a cada nena e cada neno; o que non é normal é que eses datos aparezan nun documento público, como pasou nesta ocasión. Simplemente, entregou en dirección o documento que debía ser de uso particular para a impartición das súas clases. Aclarar que dende dirección compróbase que todos os documentos estean entregados pero non o contido de cada documento, posto que o contido é responsabilidade de cada mestre.

Como responsable do centro, reitero as miñas desculpas polo acontecido, saben que en canto se nos notificou o problema, de inmediato se solucionou,  e teñen o meu compromiso persoal e profesional de que non se volverá a repetir en ocasións futuras. Igualmente reciban as desculpas do mestre especialista que elaborou a programación.

Ao mesmo tempo, quixéramos facerlle unha petición a todas aquelas persoas que difundiron o documento, solicítaselle prudencia e cautela, posto que eles mesmos (sabemos que intentando avisar) están difundindo e revelando datos persoais. Así que lles solicitamos que deixen de facelo.

Reitero novamente as nosas desculpas e quedo á súa disposición para intentar solucionar este erro.

A Directora

Mª Isabel Abelleira Bardanca

Programacións 2019/20

Benqueridas familias,

Xuntamos os diferentes documentos anuais de programación didáctica para este curso 2019/20.

Nos 3 arquivos tedes as carpetas con:

Programación Xeral Anual

Programación anual do 2º Ciclo de Infantil

Programacións, por nivel, da Etapa de Primaria

 

Un saúdo.

Máis calacús do Samaín 2019

Dúas ligazóns a vídeos dos calacús do centro:

INFANTIL

PRIMARIA

AVISO IMPORTANTE: ENQUISAS PARA ELABORAR MAPA SOCIOLINGÜÍSTICO DO CENTRO.

Estimadas nais, pais, familias,

Hoxe o voso/a  fillo/a levará para a casa  a enquisa para pais e nais do alumnado de centros educativos de ames, que nos vai proporcionar datos para realizar o Mapa Sociolingüístico Escolar do Concello de Ames. Teñen toda esta semana de prazo para traela de volta. O/A alumno/a deberá entregarlla ao seu titor/a.

Grazas pola vosa colaboración.

Día das Bibliotecas 2019

Nesta LIGAZÓN poderedes ver a ansia lectora do noso alumnado. Estes son os seus libros favoritos da casa.

Samaín: Calacús 2019

Escolma de imaxes dos calacús do Samaín 2019

DÍAS NON LECTIVOS E PERIODOS DE VACACIÓNS PARA O CURSO 2019/20

 

Días non lectivos establecidos no calendario escolar

  • 31 Outubro: Día do Ensino
  • 1 Novembro: Día de Todos os Santos.
  • 6 Decembro: Dia da Constitución.
  • 19 Marzo: Día de San Xosé.
  • 1 Maio: Día da Festa do Traballo

 

Períodos de vacacións

  • Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.
  • Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
  • Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

 

Alteracións no calendario escolar

  • Días festivos do Concello de Ames: 25 de febreiro (martes de Entroido) e o 21 de maio (Día da Ascensión)
  • Día non lectivo solicitado polo centro: 22 de maio

Buzón de Convivencia: vídeo

 
O equipo de Convivencia quere poñer a disposición de tódalas tutorías o vídeo onde se explica o funcionamento do Buzón de Convivencia que, coma tódolos anos, estará a disposición do alumnado para recoller as súas suxestións, preocupacións ou problemas que lles poidan xurdir ao longo do curso.
 

Reunións 5º e 6º de Infantil

23 Set 2019 16:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias de 5º e 6º de Educación Infantil.

As reunións xerais cos titores serán o luns 23 de setembro ás 16:30h na aula de cada grupo.

Agardamos a vosa presenza para darvos a información do curso e resolver as dúbidas que teñades.

Powered by Drupal - Design by artinet