Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Período de adaptación para o curso 2015/16

Aviso para familias de alumnado de novo ingreso en 4º de Educación Infantil (3 anos)

TALLER DA SEDA EN INFANTIL

Hoxe tivemos unha visita no cole: viñeron facer uns talleres sobre a producción da seda a partir dos casulos feitos polos vermes e deixaronnos unha exposición. O curso pasado cos nenos e nenas de 4 e de 5 anos estivéramos coidando un cento de vermes hasta que fixeron a metamorfose en bolboretas. Foi a primeira fase dun proxecto en colaboración coa unión de artesáns e hoxe vimos a segunda fase: o laborioso proceso de recollida dos fíos de seda. Nos talleres realizados por Mª José e Albino participaron os nenos de 5 anos e os tres grupos de primeiro de primaria.

ENTROIDO 2013

RECITANDO A CELSO EMILIO o 12/12/12 ás 12

O pasado día 12 do mes 12 do ano 12 ás 12 horas, o noso colexio sumouse á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e todo o colexio a excepción dos máis pequenos, RECITAMOS A CELSO EMILIO FERREIRO para conmemorar o centenario do seu nacemento.
Todo o alumnado e profesorado se volcou na preparación desta actividade na que lemos todos xuntos o poema "DEITADO FRENTE AO MAR". 
Destacar que esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.
Estamos moi contentos de como saíu todo e de ter honrado ó poeta de Celanova, un dos máis grandes que deu a nosa Terra.

 

AUGA NO NOSO COLEXIO

    Non é o título de ningunha Unidade Didáctica.  AUGA, así con maiúscula,  foi o que tivemos o pasado venres día 14. A entrada do colexio estaba inundada e era practicamente imposible entrar ao edificio de primaria sen mollarse.
    Desde a Dirección do Centro  comunicouse de forma reiterada esta situación ( e outras como o estado do cerre metálico da pista cuberta... ) ás autoridades locales para que resolvan dunha vez este problema pero sen obter resposta satisfactoria.
    Esta situación repítese cada vez que chove de forma intensa. As imaxes "falan" por si soas.

D. XOSÉ NEIRA VILAS VISITA O NOSO CENTRO

O SAMAIN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarra s e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

A BIBLIOTECA LEVA O NOME DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

 
Xa fai tempo que no noso centro comezamos a poñer nome as aulas de persoeiros ilustres que logo nos visitan. Un deles é o escritor Agustín Fernández Paz, nome que honra a nosa biblioteca.
El non se esquece de nós; fai poucos días fíxonos chegar un lote de libros que ademais tiñan dedicatoria. Grazas Agustin, moitas grazas do CEIP A Maía.
 
(+ INFORMACIÓN EN: http/www.biblioceipamaia.blogspot.com)

 



 

DÍA DA PAZ

Hoxe pola mañá todos os alumnos/as e profesores do noso Centro fixemos dous grandes símbolos da PAZ no patio do colexio. Foi o colofón ás actividades que nesta semana viñemos celebrando no colexio.

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

by Dr. Radut