Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

ROSALÍA NO CEIP A MAÍA

   Este domingo 24, celebrarase un ano máis o Día de Rosalía. 

  Como ven sendo habitual, dende o centro sumámonos a esta celebración da "nosa" escritora,  unha das figuras principais do rexurdimento da literatura galega e unha das escritoras máis importantes da literatura españolaconmemorando o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversas iniciativas nas que compartimos coa comunidade a obra da autora.

  Así, ao longo destas semanas mediante os proxectos “Rosalía tamén vive aquí” e “Rosalía na terriña”, estivemos a colocar carteis e laxas de pizarra con distintos versos da poetisa, co obxectivo de deleitar a todos e todas as viandantes que se atopen con estes anaquiños de literatura.

 A través destas iniciativas de aprendizaxe - servizo, quixemos converter  Bertamiráns en vila poética. Para isto deixarán laxas con versos da obra rosaliana nunha das zonas verdes  de Bertamiráns, no parque do rego Ameneiral, coa finalidade de que os viandantes se atopen con elas e gocen dun pequeno petisco da obra desta autora.

 

  Ademais, realizamos  un vídeo no que se poderá ver todo o traballo que hai detrás destas accións poéticas e que se proxectará durante a Gala de Rosalía de Castro. O evento onde se presentará o video terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 18.00h e contará coa actuación de Rosa Cedrón.

  Tamén participamos na difusión das actuacións a través de Radio Ames, aquí vos deixamos parte da entrevista a dous alumnos de 6º de primaria, Lara e Carlos, falando de todo o que conleva esta celebración no centro. Parabéns aos dous!

  

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os vindeiros luns 11 e 18 de marzo, entre as 16:30 e as 18:30, todas as nais, pais e familias que estedes interesados en matricular aos vosos fillos e fillas no noso centro para o vindeiro curso escolar, teredes a oportunidade de coñecer o centro.

 

Para unha optima organización, os que estedes interesados concertade a visita no teléfono 881 866 004 (preguntar por Ramón, coordinador de educación infantil).

 

O alumnado de 6º foi aoTeatro

O alumnado de 6º asisteu no Principal de Santiago á representación de VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN DE VIAXE  A MILÁN  (E  VAN  SEN  UN  CAN)   pola Compañía Talía Teatro coa dirección de Roberto Salgueiro. Despois fixeron estes debuxos e comentarios sobre a obra.

Máis información sobre a obra a compañia de Teatro Talía e as unidades didácticas, premendo AQUÍ.

Día internacional da muller e a nena na ciencia

  En conmemoración do DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebrou o 11 de febreiro, unha nai que se adica profesionalmente á Ciencia na Universidade de Santiago, veu á escola para falarlles aos nenos e nenas de 6º de infantil de Ciencia, de científicas e de que as nenas poden ser o que queiran, xa que non hai profesións de homes ou mulleres.

   A intención desta charla foi darlle visibilidade á labor das científicas e fomentar esta vocación nas nenas.

"Velemos por que cada nena, en calqueira parte do mundo, teña a oportunidade de acadar os seus soños, medrar dacordo ao seu su potencial e contribuir a un futuro sostible para todos".

(Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU )

 

Xogos colaborativos no Día da Paz e a non Violencia

O Día da Paz e a non Violencia conmemorouse no centro cunha serie de xogos colaborativos e non competitivos nos que todos saían gañando... Unha actividade que foi coordinada polo Equipo de Convivencia e na que todos participaron.

Saída Didáctica: "SOMOS IGUAIS, SOMOS DISTINTOS"

   En breve está prevista unha nova saída didáctica, esta vez cunha temática distinta, para que así os nosos alumnos e alumnas acudan ao logo da Educación Primaria, a distintos tipos de espectáculos, que resulten deste xeito máis motivadores e enriquecedores para a súa formación, non só artística, senón tamén como persoas.

   Nesta ligazón tedes a información sobre a saída:

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/somos-iguais-somos-distintos

Hoxe gañamos todos: día da Paz e non violencia escolar

 O día da Paz celebramos sesións de xogos colaborativos en todo o centro, maiores e pequenos, baixo o lema "hoxe gañamos todos". Este tipo de xogos  están centrados na unión e tódolos xogadores son necesarios sin que nadie caia eliminado.

 O Equipo de Convivencia fixo unha serie de propostas de xogos cooperativos e o Equipo de Educación Infantil organizou os grupos e as quendas para compartir aros ao ritmo da música, transportar conos na cabeza e transportar pelotas en ringleiras.

Ver máis información no blog de 4 anos  premendo AQUÍ.

"Porqué non ser amigos?"

  Un traballo para o Día da Paz feito polos  alumnos de relixión sobre a canción "Porqué non ser amigos?" de hombres G e el canto del loco.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020 INFORMACIÓN IMPORTANTE

RESERVA DE PRAZA

 Estimadas nais, pais, familias do alumnado de 6º de educación primaria.

Dende o 1 ao 15 de febreiro ábrese o prazo para solicitude de reserva en centros adscritos, no noso caso o IESP de AMES.

Podedes facelo de dúas maneiras:

1.- Tedes que cumprimentar a solicitude que levan hoxe as nenas e nenos de 6º de primaria ou podedes acceder á mesma solicitude dende aquí en galego ou en castelán e entregala aquí no centro (podedes enviala polos  vosos fillos e fillas) antes do 15 de febreiro.

2.- Si o preferides, podedes entrar na aplicación web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ cubrir o formulario de reserva a través do menú Solicitudes - Reserva - Crear. Feito iso podedes optar por: Imprimir dito formulario e achegalo aquí no centro, ou si dispoñedes de  certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 Bertamiráns, 30 de xaneiro de 2019.

 

A DIRECTORA

 Mª Isabel Abelleira Bardanca

Concerto Didáctico no auditorio para 4º: O Crebanoces de Chaikovski

O trimestre pasado os alumnos e alumnas de 4º nivel asistiron no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico do Crebancoces de P.I. Tchaikovsky, interpretado pola Real Filharmonía de Galicia xunto coa compañía de monicreques PER POC.

Como sempre que imos a un concerto didáctico, preparamos na clase de música a asistencia ao mesmo e despois fixeron estes debuxos. Tedes máis información no PDF adxunto.


Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut