O alumnado de 3º de Educación Primaria visitou esta semana a Casa do Concello de Ames.

 

 O alumnado  estivo no salón de plenos da Casa do Concello acompañado do alcalde, José Miñones, e dos voceiros dos grupos municipais de PSdeG-PSOE, Blas García, Contigo Pódese, Genma Otero, e BNG, David Santomil. As autoridades municipais explicáronlle o traballo que se desenvolve no salón de plenos. Os rapaces puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o rexedor e os edís durante os plenos.

Nas últimas semanas estiveron tratando nas aulas o funcionamento das entidades locais e o sistema de elección dos gobernos. Tamén están coñecendo máis polo miúdo o padrón e o censo municipal. Para darlle continuidade a esta aprendizaxe, organizouse unha visita á Casa do Concello de Ames. 

 

Os rapaces e rapazas tamén realizaron un pequeno percorrido polas dependencias municipais da Casa do Concello. O alcalde explicoulles o traballo que realizan os concelleiros/as do goberno municipal, así como as funcións que teñen cada un dos edís da corporación municipal cando se celebran os plenos. Asemade, José Miñones ensinoulles o bastón de mando que ten como alcalde de Ames. Antes de rematar a visita os rapaces e rapazas fixeron unha foto de grupo coas autoridades municipais na Casa do Concello.