Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

blogue deadmin

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Estimadas nais, pais, familias,

O vindeiro luns 6 de maio de 2019 ás 16:30h., terá lugar na biblioteca do centro o 1º encontro de escola de nais e pais. Poderemos asistir á charla impartida pola pedagoga Mercedes Urbiola sobre unha temática que, sabemos, de interese de todas e todos nós: “Disciplina positiva

Agardamos contar coa vosa presenza e participación neste 1º encontro que se realiza no CEIP A MAÍA, organizado pola Consellería de Educación, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), a ANPA CEIP A MAÍA e coa colaboración do Concello de Ames.

Anxo Moure contacontos medioambiental: a música das árbores.

   O Equipo de dinamización da Biblioteca programou para o 24 de abril,  despois do día do libro, a visita dun contacontos-animador-ecoloxista e pacifista: Anxo Moure. Foi para educación infantil e para os de 2º de primaria do colexio e os rapaces pasárono xenial. Os de 2º de primaria estiveron lendo e traballando o libro do "Caramulo". As aulas de educación infantil leron o libro "O carballo con botas" e fixeron actividades relacionadas con esta historia e que xa vos irán contando nos blogs de infantil e na web do cole. Ver máis no blog da Biblioteca.

   En este montaxe de video intentouse recoller en apenas uns minutos unha moi pequena parte do que fixo Anxo para os nenos.

En este outra montaxe tedes fotos durante  o contacontos.

No día do libro: unha porta, unha aventura!

Para conmemorar o  Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo  que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio de primaria e infantil. (Para ver a entrada completa entrade na Web da Biblioteca)

Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!

ADMISIÓN 2019_20: LISTAS PROVISIONAIS

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión neste centro resultou admitido.

 

Publicación da lista definitiva: 14 de maio

Lembren que en xuño, do 20 ao 30, terán que formalizar matrícula.

 

Bertamiráns, 24 de abril de 2019

Día do libro: unha porta, unha lectura!

   O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o  Día do libro que se celebra hoxe 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.

  En esta montaxe xa podedes ver como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)

Un traballo de interiorismo dos alumnos de 6º: MAQUETAS

   Os alumnos e alumnas de 6º realizaron estas MAQUETAS DAS HABITACIÓNS. Un traballo de "interiorismo" no que non esqueceron ningún detalle!. Ampliade a pantaia completa para apreciar o traballo realizado en cada unha. As maquetas están expostas no corredor do 2º andar. 

 

 

 

Anxela Loureiro: "Choiva de ras" na Maía

O xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra“Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases cos seus titores e trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.

Ver máis información sobre a escritora e a súa obra no blog da Biblioteca.

 

Aviso importante: peche da pista cuberta

 

Estimadas nais, pais, familias

Nunha sesión de claustro celebrada onte, decidimos por unanimidade adoptar unha medida cautelar para a protección do noso alumnado.  Despois de varios avisos ao Concello para que arranxe o cerre da alambrada da pista cuberta, e estando neste momento á espera de que o fagan, decidimos suspender toda a actividade neste espazo por consideralo altamente perigoso.

Temos resposta por parte do Concello de que as obras de substitución deste peche iniciaranse esta semana. 

Día Mundial da síndrome de Down: "Tan diferentes como iguais"

 

Hoxe  21 de marzo,conmemórase o Día Munidial da Síndrome de Down, por este motivo as alumnas e alumnos deste centro levaron as pulseiras da campaña que nos fixeron chegar dende o  Concello de Ames.

 

O concello está a colaborar coa Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) na posta en marcha da campaña Tan diferentes como iguais, co obxectivo de dar visibilidade ás persoas con este síndrome ou con calquera tipo de discapacidade intelectual, ao tempo que busca poñer en valor o concepto de diferenza, poñendo o aceno en que todas as persoas son distintas entre elas e, á vez, parecidas.

Ao abeiro desta campaña, as Concellarías de Servizos Sociais e Educación de Ames procederon ao reparto de pulseiras e carteis conmemorativos.

Presentación do monográfico sobre Servizos Complementarios

 

Este mércores 20 de marzo teremos a presentación do monográfico da Revista Galega da Educación, de Nova Escola Galega, sobre Servizos complementarios. Será ás 19:00 horas no comedor do CEIP A MAÍA.

Como sabemos que é un tema do voso e do noso interese, estades todos convidados.

 

 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut