Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

blogue deadmin

Excursión 5º de Primaria á Fervenza do río Toxa

  Podedes ver as fotos da excursión dos alumnos de 5º a Fervenza do rio Toxa premendo neste enlace ou na GALERÍA DA WEB.

Saída de 5 anos ao Pazo do Faramello

  Os alumnos e alumnas de 5 anos que rematan agora a Educación Infantil fixeron nos derradeiros días do curso unha excursión ao Pazo do Faramello, onde Gonzalo, o seu dono, lles fixo de guía polos xardíns e lles contou parte da historia do Pazo. Remataron cunha xuntanza e merenda cos pais no Xardín do Recordo, onde plantaron unha árbore (cercis silicuastrum ou árbore do amor) en memoria das víctimas do accidente do tren  en Santiago.

(nesta montaxe vense mellor as fotos e ademáis incorpora varias vistas do pazo e o seu entorno, do xardín do recordo e fotos da clase de árbol que plantaron, un cercis)

 

Happy holidays!

  Os vosos "friends" tamén marchan de "Holidays"!. Esta derradeira semana en infantil, as "puppets" estiveron despedíndose polas aulas. Cookie agasallou aos máis peques cun "stamp" da súa "happy face" na  "hand".

      

   Lulu reparteu o  "book" cos traballos que fixéchedes os maiores. Denzel repasou con vos as cancións e as "stories" do curso. Monkey, Patch e Spot aproveitaron para decirvos: "See you later alligator!", and "Bye, bye birdie!". Que ben o pasamos!.

          

  Foi un verdadeiro pracer ser a vosa "teacher". Deséxovos un "Happy summer" e todo o mellor para o curso que ven!. A pasalo moi ben rapazada!.

      Happy hollidays and a goodbye!.

                 TEACHER PATRI

Un xogo con mensaxe

Desde o EDLG do centro coma xa ven sendo habitual, realizamos o concurso de lema e debuxo para pechar o curso. Nesta ocasión queríamos finalizar con algo moi relacionado co proxecto que marcamos dende setembro, algo relacionado cos xogos populares e coa lingua galega e, ao mesmo tempo que fixera referencia a Don Antonio Fraguas Fraguas.

Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria foron os encargados do debuxo e 3º, 4º, 5º e 6º elaboraron lemas. Finalmente resultaron seleccionados polas integrantes do EDLG un debuxo de 1º e un lema de 4º, con eles elaborouse o logotipo que lucía colorido en cada caixa con un xogo tradicional que levou cada alumna e alumno do centro para desfrutar durante o verán e nunca perder de vista a nosa lingua.

                  

3º: Un Obradoiro de pan!

     Os alumnos de 3º  visitaron o espazo DOSPASOS. Participaron nun  obradoiro  onde aprenderon a amasar e facer pan seguindo as instruccións en inglés de Sarah Phillips. Unha bonita experiencia. 

Mostra floral do Corpus

  Os alumnos e alumnas de relixión de primaria crearon esta mostra   inspirados nas alfombras florais do Corpus. É un diseño feito por eles e empregaron tanto elementos naturais (flores de hipéricos, flores secas de hortensias, froitos, café, sales tinxidas de cor, brotes verdes das tuias...) como outros artificiais (témperas, papeis de cores, cartulinas, celofán, virutas etc...)

 

Saida de 4 anos ao Aquarium da Coruña

 O luns 10  os pequenos de 4 anos fixeron unha saída ó Aquarium da Coruña para ver os animais acuáticos que coñeceron durante o proxecto no que traballaron durante semanas. Realizaron unha vista guiada polo Aquarium. Viron medusas, tiburóns pequenos, morenas, estrelas de mar, doradas, peixes paiaso, cabaliños de mar, focas e moitos animáis mariños mais. Despois disfrutaron coa merenda no Parque de San Pedro.

 Para ver como foi a visita e o ben que o pasaron con este fantástico remate de proxecto premede AQUI no blog de 4 anos da profe Rosana.

 

REUNIÓN INFORMATIVA COA DIRECTORA DO IESP de AMES

luns 17 de xuño, ás 09:45 h, na biblioteca do CEIP A MAÍA,  convocámosvos a  unha reunión informativa coa Directora do IESP de Ames,Marisol Louro,  na que se vos dará información sobre o paso do alumnado de 6º de educación primaria a 1º da ESO;  así como se intentará dar resposta ás dúbidas e inquedanzas que vos poidan xurdir sobre o paso dos vosos fillos e fillas a esta nova etapa educativa.

Aproveitamos que estaredes aquí despedindo aos vosos fillos e fillas que marchan a Manzaneda e a continuación faremos esa pequena xuntanza. 

 

Bertamiráns, 11 de xuño de 2019

 

 

 

TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

1.- Usuarios lexítimos:

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios

Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2018-2019. Os usuarios lexítimos de transporte escolar que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario lexítimo.

2.- Uso do servizo por persoas distintas dos seus usuarios lexítimos:

 Sen prexuízo do disposto no apartado 1 desta Instrución, ante a eventualidade de que haxa vehículos que conten con prazas vacantes e co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles, poderase autorizar o uso do servizo ao alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.

Se ben este alumnado non ostenta a condición de usuario lexítimo do transporte escolar, é posible concederlle unha autorización excepcional para o seu uso, sempre que concorran os seguintes requisitos:

  Que existan prazas vacantes

 Que non comporte a modificación das rutas

  Que non supoña a creación de novas paradas

 Que non incremente a duración do traxecto

  Que non precise a incorporación de acompañante

 As autorizacións excepcionais serán expedidas pola Xefatura Territorial correspondente, ponderándose como circunstancias a ter en conta, discapacidades, a curta idade dos alumnos, a distancia que exista entre o domicilio do solicitante e o centro escolar, as condicións das estradas de acceso aos centros, a situación económica e familiar do alumnado etc.

As ditas autorizacións concederanse en precario, precisándose nelas o feito de que quedarán sen efecto se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente.

3.- A orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo.

 No caso de que o número de solicitudes de autorización excepcional para o uso de transporte escolar excedan do número de prazas vacantes nos vehículos, seguirase a seguinte prelación:

Terá prioridade en primeiro lugar os alumnos que teñan irmáns e irmás escolarizadas forzosamente no centro mentres estes permanezan nel.

 En segundo lugar, o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500m en zona non urbanizada (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

En terceiro lugar o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil escolarizado en centro distinto do que lle corresponde por área de influencia (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

 En cuarto lugar o alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de educación infantil que solicite, por causa de proximidade xeográfica, a utilización do transporte dun centro distinto daquel no que está escolarizado (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados ou menores en idade sobre os maiores cando sexa preciso).

En quinto lugar o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (con prioridade, á súa vez, dos discapacitados).

Finalmente, as persoas usuarias do programa TES+BUS.

Cando a prelación non poda establecerse pola Dirección do centro conforme á orde de preferencia anterior, porque o número de solicitantes pertencentes ao mesmo grupo exceda do número de prazas, o centro educativo formulará unha proposta numerada de candidatos ás autorizacións excepcionais ante a Xefatura Territorial que corresponda. Para este fin, confeccionará unha lista ordenada do primeiro ao último de todos os solicitantes na que, ademais de terse en conta as prioridades anteriores, valorarase as discapacidades, a idade dos alumnos, a distancia que exista entre o domicilio do solicitante e o centro escolar, as condicións das estradas de acceso aos centros e a situación económica e familiar dos alumnos. Cando como consecuencia da incorporación de novo alumnado que se produza durante o curso escolar, sexa preciso ceder a praza de transporte a un usuario lexítimo, o centro educativo que formulou a proposta orixinaria valorará de novo as solicitudes recibidas elevando á Xefatura Territorial correspondente unha nova proposta na que se distribúan as prazas sobrantes, aplicando os criterios de preferencia e ponderación recollidos neste apartado 3.

 

Bertamiráns, 10 de xuño de 2019

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

Visita de 4º ao Dolmen de Dombate e ao Castro da Cidá de Borneiro

 

  Os alumnos e alumnas de 4º de primaria  visitaron o 29 de maio o Dolmen de Dombate e o Castro da Cidá de Borneiro en Cabana de Bergantiños.

  Os alumnos fixeron actividades e tiveron unha visita guiada. Achegáronse así a unha parte importante da nosa historia. O monumento megalítico de Dombate foi usado entre o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C.  e o Castro da Cidá estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C.. Viñeron encantados!

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut