Blogues

Fotocall de Entroido

 Profes e alumnos da Maía pasamos momentos moi divertidos no Fotocall pirata organizado polo equipo de Extraescolares na semana do Entroido. Puxéronse na Biblioteca caixas con material para convertirse nuns piratas moi especiais: disfraces e todo tipo de complementos. Cada grupo foi pasando ao longo da semana e poñendo o que máis lles gustaba para despois posar no barco pirata e no escenario realizados polos alumnos máis maiores.


   Alumnos maiores e profes  prepararon o escenario para o Fotocall pirata. Buscaron información, pintaron o barco, decoraron o escenario e prepararon materiais para que  os seus compañeiros atopasen todo listo para disfrazarse.

 

 

Unha Ópera de Rossini: Guillermo Tell

 

 

    Os pasados 30 e 31 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º niveis, asistiron no Auditorio de Galicia á representación da ópera Guillermo Tell. Traballamos previamente á asistencia ao concerto a partir da unidade didáctica. Durante o curso adentrámonos no mundo da ópera, e como final, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron redaccións (algunhas das cales están nos arquivos adxuntos) e tamén debuxos.

O Entroido en Galicia

Exposición dun traballo coordinado polo EDNL sobre o Entroido en Galicia, con información recopilada polos alumnos do ceip A Maía e materiais (murais e pantallas) elaborados por eles. A mostra está ubicada no segundo andar do colexio.

Exposición Retrospectiva do Entroido galego

 

Unha exposición retrospectiva de fotografías do Entroido galego aportadas polas familias do colexio. Reflicten as nosas referencias socioculturais, os Entroidos de antes e o porqué das actuais celebracións. Moitas grazas a todos os que aportástedes este pequeno anaco da historia do Entroido ao longo do tempo e por toda Galicia (incluso algunhas de fora).  Pódese ver na entrada do edificio de Primaria.

Baile de Entroido

   Dentro das actividades programadas para celebrar o Entroido cos alumnos de infantil e primaria estaba o baile de disfraces de temática libre. Nesta montaxe deixámosvos unha mostra.

Os piratas de 2º

   Os piratas de 2º C de primaria estiveron quentando motores durante a semana previa para celebrar o Entroido.

Día da Paz na Maía

 

  O día 30 celebramos o Día da Paz xuntándonos tódolos cursos de infantil e primaria  e cantando unha canción do poema de Xosé Neiras Vilas "Cantarela dos nenos". Os maiores formaron no centro do patio varios símbolos da paz. Tamén levamos un globo blanco no que cada clase colgou os seus desexos de paz. Despois colgámolos no patio e na entrada do cole.

Aquí o video coa canción.

Unha montaxe coas fotos da conmemoración.

   Contamos coa actuación de tres alumnas, Raquel, Marta e Aida co seu  grupo "Estrelas do rock" que interpretaron unha canción. Antes tocaron na Biblioteca para os seus compañeiros.

"A danza da choiva"

 

  A semana pasada os alumnos de 1º de primaria asistiron na Aula de Cultura do Concello a  representación da "Danza da choiva", un espectáculo da compañía de teatro Elefante elegante

"A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual: Que acontecería se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques".

Autoría, Dramaturxia, Escenografía e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro

Deseño de Iluminación Dani Pais

Coreografías Ánxela Blanco

Música Mano Panforreteiro

Vestiario Marcia Edleditsch

Os mandadiños do Meco

  Estimadas familias dos alumnos de Infantil:

  Do 5 ao 9 de febreiro celebraremos o Entroido no centro, polo que pedimos a vosa colaboración para que os vosos fillos e fillas traian da casa o que mande o Meco (é acumulativo).

        

 Os mandadiños do Meco:

LUNS: "Se pirata queres ser, un pano na cabeza terás que traer"

MARTES: "Se o mar queres conquistar, bigote ou barba has pintar"

MÉRCORES: "Un parche nun ollo traerás e un bravo pirata serás"

XOVES: "Se o desfrace queres completar, un prismático ou un garfo terás que levar"

VENRES: os nenos e nenas poderán vir disfrazados libremente do que elixades.

                     Moitas grazas pola vosa colaboración. Un saúdo

                                      O profesorado de Educación Infantil

 

 

 

Os pequenos de 3 anos cantaron no Nadal

  A derradeira semana antes do Nadal os pequenos de 3 anos do cole subiron ao escenario da biblioteca do Centro para disfrutar con estas cancións. Por motivos técnicos nos demos subido os videos ata agora. Esperamos que disfrutedes tanto como eles.

 

Distribuir contido