PECHE DE CENTROS EDUCATIVOS COMO PREVENCIÓN CONTRA O CORONAVIRUS

Segundo información difundida polos medios de comunicación, e á espera de recibir confirmación oficial por parte da Consellería de Educación, os Centros Educativos permanecerán pechados, e polo tanto sen actividade lectiva, a partir do próximo luns, 16 de marzo, e por un periodo de 14 días. 

Para o venres, 13 de marzo, recoméndase que os alumnos e alumnas non asistan aa colexio. Sen embargo, se as familias, por imposibilidade de buscar outras alternativas, se visen obrigados a enviar aos seus fillos e fillas á escola, deben saber que estes/as estarán atendidos/as sen problema por parte do profesorado.