Noticias

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO

Estimadas familias: 

Nas instalacións do centro están expostas as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2023- 2024. Pódense consultar no seguinte horario

  • De luns a venres: de 09:15 a 09:45
  • Martes: de 16:00 a 17:00

Un saúdo

PROCESO DE ADMISIÓN: RESOLUCIÓN DE EMPATES

Na Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, faise público o procedemento no caso de empate durante o proceso de admisión do alumnado. Pódese consultar aquí

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Rematado o período ordinario para a presentación de solicitudes de admisión de cara ó vindeiro curso escolar 2023 - 2024, informamos que NON FOI NECESARIO BAREMAR en ningún nivel, polo que non é preciso aportar información complementaria. 

Nas datas e lugares establecidos publicaranse as listas provisionais de admitidos. 

Un saúdo. 

Distribuir contido