Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.
Aberto do 1 ao 20 de Marzo ( LEMBRAMOS QUE O DÍA 20 DE MARZO O COLEXIO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO ESTARÁ PECHADO POR SER DIA NON LECTIVO)
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita [2]. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA O CURSO 2020-21 |
Para todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro e recibir información referente ao proceso de solicitude de admisión, organizamos unhas xornadas de portas abertas que terán lugar
Aconsellamos asistir ás xornadas de portas abertas sen os cativos xa que son reunións longas e se cansan.
|
MATRÍCULA CURSO 2020/2021 |
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2020/21 |
||||||||||||||||||
==========================================================================
|
LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO |
1. Decreto 254/2012 [5], do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 2. ORDE do 12 de marzo de 2013 [6] pola que se desenvolve o prodecemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 3. ORDE do 25 de xaneiro de 2017 [7] pola que se modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013.
|
SOLICITUDE DE PRAZA:1 ao 20 de marzo de 2020
LEMBRAR QUE O DÍA 20 DE MARZO O COLEXIO ESTARÁ PECHADO POR SER DÍA NON LECTIVO. (Ese dia podedes tramitar a solicitude a través da aplicación informática ou presentándoa no Rexistro da Xunta) |
- Impreso de solicitude: ANEXO II - ED550B [8] Podedes descargalo premendo no enlace anterior, recollelo na Secretaría do colexio (*) ou cubrilo a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado [9]
- Fotocopia do D.N.I. ou da folla do libro de familia, do/a neno/a. (Imprescindible traer tamén os orixinais) - Copia do D.N.I. do solicitante e membros computables (no caso de denegar a consulta dos datos fiscais). - Convenio regulador de separación xudicial ou divorcio (se é o caso). |
(*) Horario de Secretaría:
- Mañá: LUNS e MÉRCORES de 9:00 a 10:30 h
- Tarde: (só os martes): de 16:00 a 17:30 h.
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:25 de marzo ao 3 de abril (ata as 14h)
|
En caso de que o número de prazas ofertadas sexa inferior ó de solicitudes: - Presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión. Dende o centro porémonos en contacto con aquelas familias que deban aportala. |
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS:Antes do 25 de abril de 2020
|
- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro das solicitudes admitidas e denegadas. - Presentación de reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da listaxe provisional. - Resolución das reclamacións. |
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:Antes do 15 de maio de 2020
|
- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro. - Reclamación de listas definitivas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas. |
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:20 -30 xuño de 2020
|
- Cubrir os seguintes impresos que se recollerán na Secretaría: * Ficha de datos de emerxencia. * Autorización do uso da imaxe do menor. * Ensino de Relixión / Valores Sociais e Cívicos. - Fotocopia da tarxeta sanitaria e da folla de vacinacións. - 4 fotos tipo carnet (só para matriculados en infantil). - Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só para 3 anos). - Certificado de matrícula do centro actual (no caso de cambio de centro educativo). Horario de Secretaría:
Os impresos podedes imprimilos dende a sección desta web SECRETARÍA > DESCARGA DE DOCUMENTOS [11]. |
En votación realizada no Consello Escolar do C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, e recollida en acta con data do 28 de xaneiro de 2020, decídese por unanimidade DECLINAR facer uso do criterio complementario para o proceso de matriculación do curso 2020-21.
- A solicitude de admisión, axustada ao modelo oficial ANEXO II , SERÁ ÚNICA e presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder. - A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo. - O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. - O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
|
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
Zona educativa nº 10
Comprende a rúa Paulino Freire, seguida da rúa Tomás Paredes ata o cruce coa Avenida da Florida, e incluíndo as parroquias de Alcabre, Navia e Comesaña
Zonas limítrofes:
· Zona nº 9
· Zona nº 11
· Zona nº 13
Outros centros educativos da zona:
- C.E.I.P. Javier Sensat (Alcabre)
- C.E.I.P. Párroco Don Camilo (Comesaña)
- Colexio Amor de Dios.
Aquí pódense consultar as ZONAS EDUCATIVAS [13]de Vigo. Ao noso Centro correspóndelle a zona de influencia nº 10 |
CENTRO DE SECUNDARIA Ó QUE ESTÁ ADSCRITO O NOSO CENTRO:
[14]I.E.S. VALADARES [14]
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO |
|