COMUNICACIÓN DE CASOS COVID

Estimadas familias: 

Como sabedes, a nova situación pandémica ten modificado o seguimento da enfermidade, polo que moitos cidadáns poden autodiagnosticarse. 

Ante a posible aparición de casos na escola, e por si existise algunha dúbida, queremos lembrarvos como actuar en caso de que o resultado do voso test ou o dos vosos cativ@s sexa positivo: 

1. Comunicación do resultado ás autoridades sanitarias. Podedes facelo: 

      • Contactando co médico de cabeceira
      • Cubrindo o formulario que atoparedes na páxina web: www.coronavirus.sergas.gal
      • Chamando ó teléfono: 881.540.045

2. Chamar ó teléfono COVID da escola (698.173.422) comunicando ou ben o positivo do alumn@ ou ben o seu confinamento por contacto estreito. As titoras serán informadas para pórse en contacto convosco. 

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo.