INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN- CURSO 2020-21

 

 

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos  e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 
Solicitude de Admisión

 Aberto do 1 ao 20 de Marzo  ( LEMBRAMOS QUE O DÍA 20 DE MARZO O COLEXIO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO ESTARÁ PECHADO POR SER DIA NON LECTIVO)

 

 

 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA O CURSO 2020-21

 

Para todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro e recibir información referente ao proceso de solicitude de admisión, organizamos unhas xornadas de portas abertas que terán lugar

  • o MÉRCORES 4 de MARZO e
  • o VENRES  6 de MARZO  ás 16:30 h. 

Aconsellamos asistir ás xornadas de portas abertas sen os cativos xa que son reunións longas e se cansan.

 

 

MATRÍCULA CURSO 2020/2021

 

 OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2020/21

 

 

 

4º EI

(3 anos)

5ºEI

(4 anos)

6ºEI

(5 anos)

EP-1º

EP-2º

EP-3º

EP-4º

EP-5º

EP-6º

 

44 + 6 reservadas para neae

 

2

 

7

 

4+ 1 

reservada para neae

 

2

 

0

 

1

 

24

 

0


========================================================================== 

 

 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

1. Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o prodecemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013.

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA:

1 ao 20 de marzo de 2020

LEMBRAR QUE O DÍA 20 DE MARZO O COLEXIO ESTARÁ PECHADO POR SER DÍA NON LECTIVO.

(Ese dia podedes tramitar a solicitude a través da aplicación informática ou

presentándoa no Rexistro da Xunta)

- Impreso de solicitude: ANEXO II - ED550B

  Podedes descargalo premendo no enlace anterior, recollelo na Secretaría do colexio (*) ou cubrilo a través da aplicación 

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- Fotocopia do D.N.I.  ou da folla do libro de familia, do/a neno/a. (Imprescindible traer tamén os orixinais)

- Copia do D.N.I. do solicitante e membros computables (no caso de denegar a consulta dos datos fiscais).

- Convenio regulador de separación xudicial ou divorcio (se é o caso).

(*) Horario de Secretaría:

    • Mañá: LUNS e MÉRCORES de 9:00  a 10:30 h
    • Tarde: (só os martes): de 16:00 a 17:30 h.

 

     

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

25 de marzo ao 3 de abril (ata as 14h)

En caso de que o número de prazas ofertadas sexa inferior ó de solicitudes: 

- Presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión.

Dende o centro porémonos en contacto con aquelas familias que deban aportala.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS:

Antes do 25 de abril de 2020

- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro das solicitudes admitidas e denegadas.

- Presentación de reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da listaxe provisional.

- Resolución das reclamacións.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:

Antes do 15  de maio de 2020

- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro.

- Reclamación de listas definitivas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

20 -30 xuño de 2020

- Cubrir os seguintes impresos que se recollerán na Secretaría:

   * Modelo normalizado.

   * Ficha de datos de emerxencia.

   * Autorización do uso da imaxe do menor.

   * Ensino de Relixión / Valores Sociais e Cívicos.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria e da folla de vacinacións.

- 4 fotos tipo carnet (só para matriculados en infantil).

- Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só para 3 anos).

- Certificado de matrícula do centro actual (no caso de cambio de centro educativo).

Horario de Secretaría: 

  • a partires do 24 ao 30 de xuño, de 10h a 13h

Os impresos podedes imprimilos dende a sección desta web SECRETARÍA > DESCARGA DE DOCUMENTOS.

 

 

En votación realizada no Consello Escolar do C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, e recollida en acta con data do 28 de xaneiro de 2020, decídese por unanimidade DECLINAR facer uso do criterio complementario para o proceso de matriculación do curso 2020-21.

 

 

 

- A solicitude de admisión, axustada ao modelo oficial ANEXO II , SERÁ ÚNICA e presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder.

- A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 ÁREA   DE   INFLUENCIA   DO  CENTRO

Zona educativa nº 10

 

Comprende a rúa Paulino Freire, seguida da rúa Tomás Paredes ata o cruce coa Avenida da Florida, e incluíndo as parroquias de Alcabre, Navia e Comesaña

 

Zonas limítrofes:  

·      Zona nº 9

·      Zona nº 11

·      Zona nº 13

 

 

Outros centros educativos da zona:

    • C.E.I.P. Javier Sensat (Alcabre)
    • C.E.I.P. Párroco Don Camilo (Comesaña)
    • Colexio Amor de Dios.

 

 

 Aquí pódense consultar as ZONAS EDUCATIVAS de Vigo. Ao noso Centro correspóndelle a zona de influencia nº 10

 

CENTRO DE SECUNDARIA Ó QUE ESTÁ ADSCRITO O NOSO CENTRO:

 I.E.S.  VALADARES

 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO

  • AULA MATINAL
  • COMEDOR 
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES