SOLICITUDES PARA O CURSO 2018-19

 

Prezadas familias,

informarvos que todas as solicitudes presentadas na ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL para o curso 2018-19 son admitidas polo que non é necesario baremar. O calendario para formalizar a matrícula será do 20 ao 29 de xuño ( iremos publicando a información  na web do colexio e daremos tamén información sobre o día da reunión para informar ás familias do período de adaptación)

En relación ás solicitudes presentadas para o 1º de EDUCACIÓN PRIMARIA sí que hai máis demanda que prazas polo que teremos que baremar. A documentación hai que presentala na secretaría o 23 de marzo (de 9 a 10h30) o tamén no periodo do 3 de abril até o 13 de abril (horario de 9 a 10h30 e os martes de 16h15 a 18h15)

Grazas por escoller o noso centro.

Un saúdo

A directora

Montserrat Martínez Cañas

 ======================