FAMILIAS DE 6º EP- Proxecto ENGLISH WEEK

ENGLISH WEEK Prezadas familias: Na Orde do 19 de xullo de 2017 publicada no Diario Oficial de Galicia de 2 de agosto de 2017 regúlase a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e ao de educación secundaria obrigatoria. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas. O contido dos cursos inclúe un programa de actividades académicas, de tempo libre e obradoiros. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa. A gratuidade do programa inclúe: 1. Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 2. Os gastos de docencia e o material escolar. 3. As actividades culturais e complamentarias dos cursos. 4. Os gastos de mantenza e aloxamento. 5. Certificado de realización da actividade. 6. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O que non é gratuíto, coméntovolo máis abaixo, son os gastos de desprazamento do alumnado ata o centro residencial e a súa recollida ao remate da estanza. A xestión e a organización das actividades levarase a cabo por empresas coa debida cualificación, contratadas para o efecto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Estas actividades realizaranse nos meses de outubro, novembro e decembro de 2017 nun centro residencial situado en Galicia , en réxime de internado , co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa , en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá. Nas actividades dirixidas ao alumnado de sexto de Educación Primaria se establecen, seguindo a convocatoria, tres quendas: 1ª quenda: do 8 de outubro ao 14 de outubro de 2017. 2ª quenda:do 15 de outubro ao 21 de outubro de 2017. 3ª quenda:do 22 de outubro ao 28 de outubro de 2017. No caso de non cubrirse o número de prazas nalgunha das quendas , a Consellería de Educación pode redistribuír as prazas e o nivel de ditas quendas e das que tamén se establecen para o alumnado de Educación Secundaria. As familias encargaranse do traslado do alumnado ao centro residencial no que se celebrarán as actividades así como da súa recollida ao remate delas. A Consellería e os centros educativos non asumirán os gastos derivados destes desprazamentos polo que vos pido que devolvades cuberto e asinado, e á maior brevidade posible, o ANEXO V ( compromiso por parte das familias do traslado do alumnado ao lugar onde se celebren as actividades e da súa recollida ao remate das mesmas) no caso de que querades que o voso/a fillo/a, de ser seleccionado o noso centro, realice esta actividade. A min, como profesora de inglés, paréceme que é unha oportunidade moi boa e interesante para a mellora da competencia oral en lingua inglesa dos nenos e nenas , disfrutando ao mesmo tempo , dun entorno lúdico e cooperativo. Dado que hai uns criterios de selección de centros ( artigo 8 da convocatoria) estarei pendente e vos comunicarei tanto se o noso colexio é seleccionado como se non. Coma a convocatoria saíu no mes de agosto deste ano, os prazos de entrega de toda a documentación que temos que facer , remata o día 15 de setembro (AGRADECERÍAMOS, AS FAMILIAS INTERESADAS EN CUBRIR O ANEXO V QUE ESTÁ DENTRO DA ORDE QUE ADXUNTAMOS MÁIS ABAIXO ANES DO XOVES 14 DE SETEMBRO). Para calquera dúbida non tedes máis que poñervos en contacto comigo.

Un saúdo Vigo,

12 de setembro de 2017

A profesora de Inglés. Orde do 19 de xullo de 2017 (DOG)