BO NADAL! FELICES LECTURAS!

Portada recomendacións de Nadal

Xa chegaron as vacacións de Nadal, e, con elas, os nosos bos desexos e as recomendacións para escoller unhas fermosas lecturas coas que agasallar á familia. 

Neste enlace do Blog da Biblioteca atoparedes e documento completo. 

http://biblionavia.blogspot.com/2019/12/degustando-o-nadal.html

 

Bo Nadal!

FOLGA DO ENSINO

  INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA DE ENSINO 

CONVOCADA PARA O DÍA 12/12/19

 

Neste centro están garantidos os servizos mínimos cunha persoa responsable do Equipo Directivo

Patricia Rodríguez

En Vigo, a 11 de decembro de 2019

O NOSO PDI DO CURSO PASADO, PREMIADO NO VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

Premio - Concurso de Traballo por proxectos

 

Por segundo ano consecutivo, o noso colexio resultou merecente deste premio. 

 

Parabéns a toda a Comunidade Educativa!

 

Máis información no blog da Biblioteca

ASÍ FOI O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Alumnas presentando a Mochila Viaxeira

 

Libros e Xogos de pistas

 

Deixámosvos aquí o enlace ó blog da Biblioteca, no que podedes consultar as actividades que desenvolvemos para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares

 

 

A BIBLIOTECA DA MAGA TOMASA, BIBLIOTECA CREATIVA

Logo Biblioteca Creativa

 

Comezou o curso cunha boa nova: tras a correspondente solicitude, o noso centro foi admitido no programa Biblioteca Creativa, o que suporá un novo enfoque das actividades que vimos desenvolvendo ata o de agora na nosa Biblioteca. 

Mentres remata o seu acondicionamento, deixámosvos co enlace á páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares na que se da conta da resolución. 

 

https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1244

 

TRAS O SAMAINGOSTO... VÉMONOS O LUNS!

 

Aínda que o tempo non acompañou, finalmente puidemos celebrar os xogos do Magosto co alumnado de Primaria. Unha xornada colorida, na que a rapazada achegouse maquillada e vestida cos disfraces do Samaín. No seguinte enlace poderedes acceder á galería de fotos. 

 

https://photos.app.goo.gl/9D2RSNgARYpiCmSf7

 

Samaín na aula de 3 anos B 

 

E nestoutro atoparedes imaxes da xornada no pavillón de Educación Infantil: 

https://photos.app.goo.gl/8eHTrfnPYMu2wtVNA

 

Aproveitamos para lembrarvos que, segundo o Calendario escolar, mañá día 31 de outubro celébrase o Día do Ensino, polo que non haberá clase

 

Vémonos o luns!

Distribuir contido