Iniciar sesión: Acceso

NAVEGANDO ENTRE LIBROS

NAVEGANDO ENTRE LIBROS

INAUGURACIÓN DO ESPAZO DA BIBLIO DE ED. INFANTIL

O pasado venres 23 de outubro se inaugurou o espazo da biblioteca de educación infantil. Houbo novas incorporacións nas lecturas dos máis pequenos e son todos moi apetecibles, seguro que lles encantan.


Tamén comezaron a viaxar as mochilas viaxeiras cheos de libros que xa estabamos agardando.


Deixamos algunhas fotiños para que vexades que ben quedou.




 

VISITA DE MARÍA REIMÓNDEZ

O luns 9 de marzo, recibimos no colexio unha visita moi especial, a escritora e fundadora da ONG Implicadas no desenvolvemento que viu ao colexio a falarnos sobre o seu libro: "Lía e as zapatillas de deporte" que está lendo o alumnado de 5º de primaria nos itinerarios lectores.


Falounos de moitas cousas e mostrouse moi accesible, en todo momento, ás inquedanzas do noso alumnado. Contounos por qué decidiu escribir este libro e cousas interesantes sobre os seus inicios como escritora e do importante que é escribir.


Explicounos qué podemos facer como cidadáns activos para cambiar a sociedade con pequenas accións como participar de iniciativas como o comercio xusto, cambiando só os nosos hábitos á hora de mercar e reflexionar un pouco máis.


Falounos do seu traballo en implicadas no desenvolvemento e da importancia da solidariedade e de compartir e axudar no tempo libre colaborando en organizacións como "Implicadas" para sumar esforzos para lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria.


Ao final da charla, estivo firmando libros e dedicándoos ao alumnado que gozou moito da súa presencia.


Grazas María! 





VISITA DE XABIER DOCAMPO

En maio recibimos a visita de Xabier Docampo na escola, que nos contou cousas moi interesantes acerca dos seus libros, da importancia da lectura e do traballo que hai detrás do oficio de escritor. 

Foi unha charla moi amena e divertida onde o alumnado foi moi participativo e puidemos comprobar a calidade humana e o bo humor deste gran escritor.

Aquí deixamos unha pequena mostra da entrevista que lle fixeron o alumnado de 3º e 5º que estiveron lendo os seus libros este curso. Clicade nos enlaces para visualizala:

Tamén deixamos o enlace ao blogue da caracola tola onde podedes atopar fotos da visita e máis información acerca deste autor.

DÍA DO LIBRO 2014

Este ano celebramos o día do libro na escola cunha exposición de portadas dos diferentes libros que o alumnado do centro e o profesorado recomendou aos demais de entre os moitos libros que existen da literatura infantil e xuvenil.

A actividade foi un grande éxito. O alumnado de 2º colocou uns andeis nas paredes do colexio para colocar as diferentes portadas feita polo alumnado e o profesorado. Quedou moi vistoso e despois aproveitamos este material para realizar unha actividade de búsqueda de información onde o alumnado tiña que completar uns crucigramas coa información que atopaban nos diferentes andeis e nas portadas dos libros.

Deixámosvos algunhas fotos de como quedou a escola:

(Clica aquí para ver a presentación)

 e tamén un enlace ao post do blogue da caracola tola onde se menciona a actividade realizada:

(Clica na portada do libro para acceder)

                                                         

 

ESCOLMA DE LIBROS RECOMENDADOS DO UNIVERSO

Preme no primeiro estante e atoparas una escolma de libros de ficción relacionados co Universo.

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

COUSAS, COUSIÑAS...

DE INTERESE