Iniciar sesión: Acceso

QUE FACEMOS?

QUE FACEMOS?

DÍA DO LIBRO 2016

Este ano, para a celebración do Día do Libro e imos relacionala co escritor Manuel María, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas (17 de maio).


Con tal motivo, queremos realizar unha exposición arredor dunha das obras máis significativas deste escritor "OS SOÑOS NA GAIOLA" E gustaríanos contar coa participación das familias elaborando un libriño, elaborado con diferentes materiais (plástico, goma eva, madeira, cartón, tela,...) todos deberán constar de: portada, contraportada, poema e ilustración.


O poema ten que ser dese libro e podédelo escoller nesta páxina web, no enlace que se adxunta ou na páxina web da Caracola Tola:


Deixamos o enlace aquí.  


 


Deixamos un modelo para que vexades como debe ser o libro.


 


Grazas pola vosa participación.


 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8 DE MARZO DE 2016)

Para traballar o día da muller traballadora, plantexamos varias actividades baixo o título: "Derrubando valos".

  • O alumnado de quinto curso realizou unha entrevista a unha nai do colexio. A entrevista trataba sobre a conciliación laboral e familiar e as dificultades e atrancos que atopou no seu traballo. A persoa entrevistada é Sonia Lago (nai do alumno de 5º de educación infantil Yoel Martínez Lago) que traballa na Policía Local de Vigo. Deixamos o audio da entrevista e algunhas imaxes da mesma. Queremos agradecer enormemente a Sonia a súa participación nesta actividade que resultou moi interesante para o alumnado do centro.

          ENTREVISTA parte 1

          ENTREVISTA parte 2

  • Buscando a nosa muller traballadora: O alumnado estivo investigando entre o seu entorno próximo para escoller a unha muller traballadora a quen dedicarlle un traballo pola súa dedicación ao longo de toda unha vida. Saíron preciosos traballos de avoas, bisavoas, nais,... que nos relataron a súa historia e quixeron compartila con nós. Resultou un traballo moi interesante que serviu de reflexión sobre o traballo silencioso e esquecido das mulleres galegas que levaron adiante este país en tempos moi difíciles. Moitas grazas por compartilo con nós. Deixamos unha presentación cos traballos aportados polo alumnado de 5º e 6º

 

 

e tamén algúns dos traballos aportados polo alumnado de 4º.

 

  • Dentro das actividades que hai de convivencia entre os centros de Chapela, o alumnado de 6º preparou uns HAIKUS  sobre o día da muller traballadora (sobre a presencia e reivindicación da muller no mundo laboral) que se mostran no IES de Chapela . Fixeron un traballo fantástico. Deixamos a mostra dos seus traballos para que vexades que ben saíron.

  • Deixamos o dossier de actividades realizadas nos diferentes niveis.

     DOSSIER ACTIVIDADES

DÍA DE ROSALÍA 2016

Para conmemorar o día de Rosalía, este ano realizamos diversas actividades basadas na poesía de Rosalía de Castro. A proposta da AELG, o propio día 24 de febreiro, o alumnado preparou unhas postais basadas nuns versos de Rosalía das cales deixaremos algunhas mostras. Quedaron fantásticas!








O alumnado de infantil e dos primeiros cursos de primaria traballaron sobre un libro LIM de un poema de Rosalía de Castro de "Cantares Gallegos" (o nº 2 titulado: "Así mo pediron"). Deixamos o enlace na sección de infantil da páxina web onde poderedes atopar o libro LIM e o recitado do poema feito polo alumnado de 6º de educación infantil.


O alumnado de 3º a 6º de primaria traballaron a creación de diferentes poemas a partir de poemas de Rosalía respetando a estrutura e cambiando o contido. Saíron cousas interesantes. Ademais fixeron recitados de poemas de Rosalía dos que vos deixamos mostras. Fixérono moi ben!


Clicade no nome ou nomes dos alumnos/as para visualizar o vídeo.


Recitados de 4º A


      ABIGAIL           AINARA E ANXO BARCA         ALBA           ALEJANDRO


      ÁNGELA            ANXO BESADA                     BRAIS         CARLA CRESPO


      ELVA                GIOVANNA E ÁNGELA           LIDIA E YAIZA     LUÍS


      SAMUEL            SERGIO


Recitados de 4º B


     ADRIÁN             BREIXO                     HUGO E ANXO            IDAIRA


     MARTA              MATEO                      NICO E MIKI             


     PEDRO,TANIA, EYASU E ISLA       SARA, LUCÍA, GABI, MARTÍN E NATALIA


Recitados de 5º


     AARÓN BÓVEDA          AICHA             AINHOA                AKETZA


     ALBA CASTRO            ALBA GÓMEZ      ANTÍA                 ELENA


     EVA                          HUGO               ISMAEL                IVÁN REGUEIRO


     JUAN                        MARA                MARIO                MARTA


     NEREA                      SARA                 SIMÓN                TATIANA


Recitados de 6º


     CLAUDIA E NOELIA                 HANNAH E YAIZA                KEVIN E NANO


     PAULA                                  SOFÍA E KATIA                  XELA


 

DÍA DA PAZ 2016

Este ano para conmemorar  o día da paz fixemos as seguintes actividades:


 


Proxección dos contos: “A pomba da Paz” para infantil e “Península do tesouro” para primaria. A continuación tiveron que facer  unha breve reflexión sobre as películas. Despois, o alumnado participou nalgúns xogos cooperativos levados a cabo no patio: “ Apagar o lume, pasar o aro, ratiños namorados, o baile da pelota,  a foto, o triángulo, o enredo, as cadeiras cooperativas”. Para rematar a xornada cantamos e bailamos a canción “ Apertas que voan”. Deixámosvos algunhas fotos para ilustrar esta conmemoración no colexio.



 




 


 

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado mércores 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero no centro e para elo realizamos diversas actividades para concienciar ao noso alumnado deste grave problema, que por desgraza, segue moi presente na nosa sociedade.


Os diferentes cursos elaboramos unhas estrofas relacionadas co tema da violencia de xénero cos que montamos dúas cancións con bases musicais das cancións de MALVELA ("Ai, Maruxiña") e MENIÑOS CANTORES ("Eles non poden ver"). Esas cancións foron as que cantamos ese día 25 de novembro todo o alumnado do colexio para amosar o noso rexeitamento a ese grave problema da sociedade.


Tamén traballamos o tema do maltrato analizando as noticias da prensa diaria que foron recopiladas polo alumnado de 4º a 6º nun mural que colocamos no 2º piso. Tamén elaboramos un mural onde o alumnado foi colocando as súas propostas para contribuir á erradicación deste problema.


Por outra banda, o alumnado de 1º a 3º e tamén o de infantil traballamos este tema a través dos contos como por exemplo o de "Artur e Clementina" e tamén elaboramos un mural con propostas do alumnado para "CAMBIAR OS CONTOS"  e modificar esas accións negativas por outras positivas.


Deixamos un adxunto co dossier de actividades realizadas. Para visualizalo pulsade aquí.


Deixamos tamén algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasaron.


 













    Deixamos tamén as cancións que elaboraron os diferentes cursos para amosar o seu rexeitamento á violencia de xénero. O alumnado de infantil e 1º adaptaron a canción de "Ai Maruxiña" de Malvela e o alumnado de primaria desde 2º a 6º adaptaron a canción de "Eles non poden ver" de Meniños Cantores. Fixeron un traballo fantástico e quedaron moi ben. Escoitade!


 

XA TEMOS MOCHILAS VIAXEIRAS!

O pasado venres 23 de outubro, coincidindo coa celebración nos colexios do día das bibliotecas escolares, saíron as mochilas viaxeiros cargadas de libros para todos os cursos tanto de infantil como de primaria.


Como todos os anos, sempre nos propoñen un reto interesante para que cada familia escriba a súa proposta na libretiña que viaxa con cada mochila. Este ano vai de inventos. Xa veredes.


Agardamos que sexan do voso agrado e que con elas poidades compartir un ratiño de lectura en familia. Grazas a tod@s



24 DE OUTUBRO: "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

O sábado 24 de outubro é o día das Bibliotecas escolares. Este ano celebrámolo o venres 23 de outubro e para conmemorar esta data, convocamos un concurso entre o alumnado para, como en anos anteriores, realizar un expurgo de libros na biblioteca do centro.


Así, todo o alumnado que se achegue á biblioteca cun marcapáxinas de realización propia será agasallado cun libro. No marcapáxinas debe aparecer unha pregunta ou curiosidade do tipo: SABÍAS QUE...? escrita por unha parte e a resposta polo revés. Para a elaboración do marcapáxinas pódense empregar diferentes materiais e formas.


Con todos os marcapáxinas, realizarase unha exposición na biblioteca do centro.


Grazas a todos/as por participar!


 


 


   Participou moito alumnado e xa se levaron os seus libros. Deixámosvos algunhas mostras dos seus marcapáxinas.




INAUGURAMOS A BIBLIO!

O pasado xoves 1 de outubro, inauguramos a Biblioteca do Centro para o curso 2015-16. foi un día moi sorprendente pois o colexio apareceu cheo de frascos con moitos ingredientes no interior, repartidos por todas as plantas do colexio e ao final unha pista que nos indicaba como mesturalos para formar o noso elixir máxico que recolleríamos na Biblioteca. Foi un traballo fantástico que culminou cunha fabulosa actuación dos compañeiros Luis Rey (4º A - Clarinete), Sergio (4º A - Gaita) e Nano (6º - Clarinete) que nos agasallaron cunhas pezas que fixeron deste día unha festa fabulosa.


Animádevos a participar e a ler na Biblioteca onde atoparedes todos eses ingredientes para fabricar os vosos elixires máxicos.


Deixámosvos fotos para que vexades que ben o pasamos.







PROXECTO 2015-16: "UN, DOUS, TRES ... PROBANDO"

Este curso, temos un novo proxecto que xurde da biblioteca e que está basado na experimentación e titúlase "Un, dous, tres, ... probando". Traballaremos temas relacionados coa experimentación, coa ciencia, coa investigación,... Como inauguración deixámovos algunhas fotos da ambientación que se fixo na entrada do colexio.



SEMANA DO LIBRO

 

A semana do 20 ao 25 de abril celebraremos a " Semana do Libro"

Comezaremos o luns 20 coa visita o noso centro de Inacio Vilariño para unha sesión de animación chamada " Contos de burros".

Seguindo co Proxecto do centro " Unha Viaxe de Ida e Volta...realizarase unha exposición de obxectos peculiares vinculados coa historia de " A Volta ao mundo en 80 días"

Así poderase admirar diferentes obxectos ( madeiras, babuchas, paxarelas, nós de mariñeiro...) e máis curiosidades que descubriredes ao visitar a devandita exposición.

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA 2015

O pasado martes 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía conmemorando a data do seu nacemento. Este ano debido a que o noso proxecto de centro está relacionado coa viaxe da Volta ao mundo, decidimos relacionalo co tema da Emigración, que está moi presente nos poemas de Rosalía. Para isto, solicitamos colaboración ás familias para que nos enviasen fotos de familiares que tivesen que emigrar a outros lugares. Con todas elas, montamos unha pequena exposición no colexio, relacionándoas con poemas de Rosalía.

Nas aulas, traballamos con poemas de Rosalía relacionados coa emigración para analizar aspectos concretos dentro dos poemas e unha parte de creación de poemas partindo como base das estrofas de Rosalía.´Saíron creacións moi interesantes e deixaremos algunhas mostras das mesmas.

 

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA 2015

Como todos os anos, no centro celebraremos o DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro). Este curso o tema escollido xira arredor da EMIGRACIÓN.


Queremos montar unha exposición con versos de Rosalía relacionándoos coas fotos da emigración das familias ou achegados da escola; desgraciadamente en Galicia foi e está sendo moi numerosa.


 Se queredes colaborar podedes enviar as imaxes ao seguinte enderezo:


                    informaticaboveda@gmail.com


Grazas pola vosa colaboración.

DE SAN FRANCISCO A NOVA IORQUE

Este venres, o alumnado de 5º deu lectura a unha das últimas etapas da viaxe de Philleas Fogg e os nosos protagonistas na que viaxan de San Francisco a Nova Iorque, viaxando en Ferrocarril e soportando o ataque duns indios, aventuras que os levan a acumular un pequeno retraso que influirá na súa planificación da viaxe e obligará a que fagan modificacións do seu plan inicial.


Deixamos o enlace para que poidades escoitar a lectura do capítulo.

VISITA DO CONSELLEIRO POLO PREMIO DO PROXECTO: "MEDINDO E CONTANDO"

Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo xefe territorial de educación de Pontevedra, César Pérez Ares, a inspectora de educación, e algúns membros da corporación do local do concello de Redondela, visitou o noso centro. Na súa visita, o titular do departamento educativo da Xunta deu os parabéns ao equipo directivo e docentes polo galardón obtido no concurso de traballos por proxectos,na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, polo proxecto "Medindo e contando" que se desenvolveu no centro no curso pasado. Tamén realizou un percorrido polas dependencias do centro, comezando pola biblioteca para despois intercambiar impresións co profesorado nas aulas e manter simpáticas conversas co alumnado. Na páxina da consellería pódese ler a crónica deste encontro.


Deixamos tamén algún enlace da repercusión na prensa dixital: Noticieiro galego, Press People.


DO OCÉANO PACÍFICO A SAN FRANCISCO

Chegamos ao capítulo XXV do libro onde os nosos personaxes chegan a San Francisco despois dunha longa travesía polo Océano Pacífico. Parte do alumnado de 5º fixo a lectura deste fragmento na radio do colexio e puidemos comprobar como Philleas Fogg e os seus compañeiros de viaxe continúan avanzando segundo o plan previsto, chegando a San Francisco para atravesar os Estados Unidos en dirección Nova Iorque.

Deixamos o enlace da lectura do capítulo na radio.

25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro realizamos actividades no colexio relacionadas co día mundial contra a violencia de xénero. Este ano centrámonos nos exemplos de mulleres, en diversos lugares do mundo que sufriron circunstancias adversas e conseguiron sobrepoñerse ás dificultades e convertirse en modelos a seguir para moitas mulleres e seguen loitando polos seus dereitos.


Temos unha exposición no hall de entrada do centro titulada: "A miña luzada iluminaranos a todas" cedida pola ONG "Implicadas no desenvolvemento". Son unha mostra de obras presentadas a un concurso fotográfico que tiña por obxectivo: dar voz ás mulleres de aquí e de alá para visibilizar a desigualdade e marxinación existentes en todas as culturas e sociedades e a nivel mundial. Deixamos unha mostra destas imaxes que estarán expostas no centro durante estas vindeiras semanas.



Preparamos unha serie de actividades relacionadas con mulleres de diferentes países que conseguiron sobrepoñerse a situacións de dificultade relacionadas co tema da violencia de xénero e saíron adiante e agora loitan polos seus dereitos e os de todas as mulleres:



  • WANGARI (ÁFRICA)

  • MALALA (ASIA)

  • AZITA RAFAAT (ASIA)

Deixamos o documento que serve de guión das actividades realizadas.


Os membros da ONG implicadas no desenvolvemento, deron unha charla ao alumnado de 5º e 6º onde falaron sobre os programas de colaboración que levan a cabo para axudar ás mulleres no seu desenvolvemento.


O alumnado de 6º, fixo un contacontos ao resto de alumnado do colexio, empregando a técnica do "Kamishibai" co libro "Querida Malala".


                             


 O alumnado de infantil, traballou co libro "Wangari y los árboles de la paz" e elaboraron por equipos unha árbore da paz.


O alumnado de primaria, escribiulle unha carta a Malala para agradecerlle o traballo que fixo e fai pola educación das nenas e nenos de todo o mundo.


 

13 DE NOVEMBRO: DE HONG-KONG A YOKOHAMA

Neste capítulo escoitaremos as dificultades meteorolóxicas que tiveron que atravesar os nosos personaxes na súa travesía con destino Yokohama, a decepción de Aouda ao non atopar aos seus familiares a separación de Passepartout dos seus compañeiros polas artimañas do Inspector Fix e os arranxos que tivo que facer Fogg para evitar chegar con retraso a Yokohama e modificar a planificación da viaxe prevista.


Deixamos o enlace da lectura do capítulo.

LIBROS SOLIDARIOS

Aproveitando a data do 24 de outubro ("Día das bibliotecas") púxose en marcha, en colaboración con Cáritas, unha campaña de donación de alimentos non perecedeiros e de artículos relacionados coa limpeza e a hixiene, que son doados polas familias para esta institución, e a cambio levan un libro, unha campaña que serve para resaltar o valor do libro e aproveitalo como instrumento para facer unha boa labor, de colaboración e de solidariedade.


Agradecemos a todas as familias a súa colaboración, pois a participación está sendo moi alta e estanse recollendo gran cantidade de alimentos e produtos. GRAZAS!


Deixamos algunhas fotos para que vexades o que se vai conseguindo.


23 DE OUTUBRO: VIAXAMOS A CALCUTA!

O pasado xoves 23 de outubro acompañamos aos nosos intrépidos viaxeiros desde Suez a Calcuta atravesando o océano Índico, empregando diferentes medios de transporte (barco, ferrocarril, elefante...) a través da lectura dun novo capítulo por parte do alumnado de 6º curso, que nos fixeron partícipes dunha nova aventura onde se salvan de ser encarcelados e rescatan a Aouda.


Despois da lectura, estivemos traballando sobre a información que aparecía no capítulo, descubrimos novos lugares e aprendimos cousas interesantes.


Deixámosvos o enlace da lectura de dito capítulo.

2 DE OUTUBRO: COMEZA A VIAXE!

O 2 de outubro, para conmemorar o inicio da viaxe de Philleas Fogg, realizamos unha lectura conxunta do primeiro capítulo do libro: "A volta ao mundo en 80 días" na que o alumnado de 6º leu para todo o alumnado do colexio o primeiro capítulo dunha adaptación do libro de Lewis Carrol traducido pola Biblioteca da Caracola Tola.


Foi unha actividade interesante e traballamos a continuación distintos temas relacionados co que se contaba nese capítulo.


Deixamos o enlace da lectura do capítulo e unhas fotos da lectura do mesmo.


  


 


                  

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

COUSAS, COUSIÑAS...

DE INTERESE