Iniciar sesión: Acceso

SAÍDAS

SAÍDAS

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA (1º E 2º DE PRIMARIA)

O pasado mércores 9 de marzo o alumnado de 1º e 2º de primaria desprazouse ata o Museo de Pontevedra. Alí, puideron apreciar diferentes obras de arte de artistas locais e nacionais que representaban unha colección fantástica da produción artística da nosa comunidade. Coñeceron os elementos que forman parte dun cadro, a cor, a perspectiva, apreciaron tamén escultura e restos da prehistoria que se conservan en Galicia e que foron atopados na nosa contorna.

 

A visita resultou moi amena e ao alumnado gustoulle moito. Deixamos algunhas fotiños para que vexades que ben o pasaron.

SAÍDA AO INSTITUTO OCEANOGRÁFICO DE VIGO (5º E 6º DE PRIMARIA)

O pasado mércores 17 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu ao Instituto Oceanográfico de Vigo que resultou de moito interés científico debido á boa organización por parte dos profesionais do Instituto.


Realizaron diversas actividades como: saber a idade dos peixes, coñecer o xeito de facer as prospeccións mariñas, o traballo dos microorganismos... que sorprenderon e fixeron gozar ao alumnado participante.


Deixamos algunhas fotiños da actividade.





SAÍDA AO MUSICAL "CARAPUCHIÑA VERMELLA" (INFANTIL)

O pasado venres 22 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de educación infantil e 1º curso de primaria asistiu ao musical de "CARAPUCHIÑA VERMELLA" no multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela. A obra trata sobre o conto tradicional de Carapuchiña vermella con distintos puntos de vista onde o lobo acaba facéndose amigo de Carapuchiña, todo musicado e con moita animación. Resultou moi divertida e o alumnado gozou moito da mesma. 


Deixamos algunhas fotiños para que vexades que ben o pasaron.





 


 


 


 


 

SAÍDA MUSEO ILLAS ATLÁNTICAS-BOMBEIROS 1º E 2º

O pasado venres 11 de decembro o alumnado de 1º e 2º desprazouse ata o Casco Vello de Vigo para asistir ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas onde realizaron diversas actividades relacionadas coa paisaxe, a fauna e a flora das Illas Cíes, Sálvora, Cortegada e Ons. Coñeceron medidas para coidar o medio ambente e a Historia e evolución das diferentes illas. Foi moi divertido e realizaron obradoiros moi atractivos.


A media mañá desprazáronse ata o parque de bombeiros de Teis- Vigo, onde coñeceron a uns bombeiros que lles explicaron as diferentes actividades que realizan no seu día a día, ensináronlles o material que empregan e que levan nos seus vehículos e tiveron oportunidade de subirse a un coche de bombeiros e tirarse pola barra. Gustoulles moito! Tamén lles abriron as portas do seu ximnasio e fixéronlles unha demostración coas mangueiras e o descenso dun bombeiro con cordas desde unha zona moi elevada. Foi impresionante!


Deixamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasaron.








 


 



SAÍDA EXPOSICIÓN DE ARTE (FUNDACIÓN ABANCA) INFANTIL

O pasado martes 27 de outubro o alumnado de infantil realizou unha saída ao museo da Fundación Abanca de Vigo onde realizaron diversas actividades relacionadas coa arte, obradoiros, traballos con cores,... relacionados con autores como Vasily kandinsky. Foi unha actividade moi interesante e gozaron moito con ela.


Deixamos algunhas fotiños para que vexan que ven o pasaron.






NAVEGANDO POLA RÍA (MEIRANDE E SAN SIMÓN)

O pasado martes 16 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, fixeron unha saída fantástica a dous entornos naturais característicos da nosa contorna. Desta vez, o medio de transporte elexido foi o barco (un cruceiro pola ría ata o Museo Meirande e a Illa de San Simón). A xornada comezou cedo, xa que saímos do colexio e nos diriximos ata o paseo de Cardona a pe, onde nos recolleron no pantalán. Subimos ao barco e déronnos unha volta pola ría contemplando as bateas, a industria da zona, as zonas de acuicultura e a Ponte de Rande. O tempo foi ideal, pois gozamos dun día soleado que nos permitiu poder ir na parte superior do barco. A primeira parada foi no Museo Meirande, onde un simpático guía nos contou con detalle a historia da Batalla de Rande e puidemos ver unha proxección sobre os feitos que aconteceron naquela contenda naval. A continuación, puidemos contemplar os diferentes obxectos que forman parte do museo (canóns, galeóns da época, recreación do camarote do capitán, escafandra, etc). A experiencia foi moi interesante. Ao saír do museo, dirixímonos no barco ata a illa de San Simón. Alí puidemos pasear por un entorno natural fascinante: A igrexa, O paseo de buxos, Os lazaretos, A ponte que separaba as dúas illas: San Simón e San Antón, O cemiterio onde hai poucas tumbas e as árbores centenarias. En definitiva, unha experiencia única coa que gozamos moito.


 





SAÍDA: MUSEO "QUIÑONES DE LEÓN" (CASTRELOS) E PARQUE DE BOMBEIROS

O pasado martes 16 de xuño o alumnado de 2º fixo unha saída ata o Parque de Castrelos en Vigo onde visitaron o museo "Quiñones de León" e os xardíns, puideron coñecer o interior do pazo onde lles ensinaron as diferentes dependencias e a súa historia, cadros, etc. Ao rematar, colleron o autobús e dirixíronse ao parque de Bombeiros de Vigo, onde os bombeiros/as fixéronlles un percorrido polas diferentes instalacións do parque e explicáronlles como realizaban o seu traballo (puideron ver o ximnasio, a barra pola que descenden cando hai unha emerxencia, ver os camións por dentro e gozaron dunha exhibición con auga das mangueiras). Ao rematar, dirixíronse ao parque da Etea onde estiveron desfrutando das instalacións deste complexo. Pasárono en grande!






VIAXAMOS Á PRAIA!

O pasado luns 15 de xuño o alumnado de 6º de educación infantil (5 anos A e B) realizaron unha saída á praia de Rodeira onde se realizaron diferentes actividades nesta contorna natural (baños, xogos na area,...), merendaron nun parque próximo e remataron a xornada cun delicioso xeado nunha fantástica xeadaría.





EDUCACIÓN VIAL (VIAXANDO COA BICICLETA)

O pasado 5 de xuño, o alumnado de 6º de educación primaria desprazouse ao Colexio de Sárdoma onde recibiron unha sesión teórico-práctica sobre Educación vial. A sesión estivo dividida en dúas partes: Unha primeira parte onde se presentaban diferentes contidos sobre educación vial con supostos prácticos. A continuación, outro grupo practicaba no patio, con karts, bicicletas, patinetes, peóns pasando polos semáforos, etc. mentres outro grupo de alumnos/as ía anotando as infracións con desconto de puntos. Logo se intercambiaban os grupos. Ao rematar, entregáronlles froita, un diploma e estiveron practicando xogos no pabillón.




TÍTERES 2015: "ADIOS BIENVENIDA" (ALUMNADO DE 1º, 2º E 4º DE PRIMARIA)

O pasado mércores 27 de maio o alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria asistiron un ano máis ao Festival Internacional de Títeres organizado polo Concello de Redondela. Nesta ocasión, a obra elexida foi: "Adios Bienvenida" de Mimaia Teatro no Multiusos da Xunqueira en Redondela. A obra fala dos ciclos da vida, da necesidade de que as cousas rematen para que algo novo poda comezar. Todos os domingos, a mesa de Bienvenida énchese de mariñeiros e pescadores que van gozar das mellores sardiñas do porto. Unha grande mesa sen mantel, con cheiro a peixe, unha mesa na que se permite escribir como un grande libro aberto... Do mar á mesa, da mesa ao mar, a vida pasa nun ciclo continuo, coma o peixe que morde a cola. Foi unha obra fantástica e ao alumnado gustoulle moito. Pasárono moi ben e á saída relaxáronse un pouco nun parque próximo.


Á volta o alumnado de 1º e 2º aproveitou para facer unha parada no museo Meirande onde lles explicaron os acontecementos históricos que tiveron lugar na enseada de Rande e puideron comprobar de primeira man como eran os camarotes, os galeóns, as vestimentas, etc. que había naquela época. Foi unha experiencia estupenda.



TÍTERES 2015: "AS FABAS MÁXICAS" (ALUMNADO DE INFANTIL E 3º)

O pasado martes 26 de maio, o alumnado de Educación Infantil e de 3º, asistiron un ano máis á función de títeres que cada ano organiza o concello de Redondela. Nesta ocasión, a obra, titulada: "As fabas máxicas" tivo lugar no multiusos "Piñeiral do Crego" de Chapela e interpretada polo grupo Caramuxo Teatro. Trátase dunha nova versión do clásico popular. Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques. Xan vive nun apartamento dun dos edificios máis altos de Nova Iorque. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras. Foi unha obra fantástica e o alumnado gozou moitísimo. Pasárono en grande.



SAÍDA A CORUÑA (5º E 6º DE PRIMARIA)

O pasado 19 de maio o alumnado de 5º e 6º de primaria fixeron unha saída a Coruña para visitar a Torre de Hércules, o Domus e ao Acuario. Saíron ben cediño, xa que a viaxe era longa e pasaron por moitos lugares dos cales a profe Laura foilles contando cousiñas e preguntando polos ríos e monumentos como a Cidade da Cultura. Cando chegaron á Coruña fixeron un pequeno paseo pola cidade e como chegaron con tempo o condutor levounos ata o "miradoiro do monte San Pedro" onde aproveitaron para sacar unhas fotos estupendas. O tempo non era moi bo, xa que era un día de vento e nubrado. A iso das doce, foron á Torre de Hércules, onde unha guía explicoulles a súa orixe, a función que tiña ese monumento, ensinoulles os restos arqueolóxicos da parte orixinal e as diferentes transformacións que sufriu. Subiron 255 peldaños para observar as vistas desde o alto do monumento e despois a baixada. Algúns acabaron algo mareados. A continuación, foron ata o Domus e antes de entrar adiantaron a hora da comida, que lles sentou fantásticamente. Tiveron o museo para eles sós, onde exploraron, observaron e manipularon obxectos, espellos, pinturas cos que se divertiron e gozaron. Máis tarde, sobre as 15:30 dirixíronse ata o acuario e a monitora levounos por diferentes salas (unha réplica do Nautilus, unha sala onde puideron observar diferentes tipos de especeis mariñas onde coñeceron a Gantón "a quenlla", que foi á que máis fotos lle sacaron. Posteriormente, pasaron a ver as focas que foi unha experiencia moi interesante. Ao rematar, tiveron que coller o autobús de volta porque xa se facía tarde. En definitiva, un día completo e redondo de principio a fin. As familias estaban agardando por eles e elas pois chegaron bastante cansos/as. Foi unha experiencia fantástica e que lembrarán con moita ledicia.



TALLER DE CREATIVIDADE

O pasado luns 23 de marzo, o alumnado de 3º e 4º asistiu a un taller de creatividade organizado polo equipo de dinamización lingüística do concello de Redondela e impartido polo escritor Miguel Ángel Alonso Diz autor do libro: "A nena á que non deixaban ser feliz". Alí, contounos como traballa coa súa ilustradora Luz Beloso e o traballo que realizan conxunto (narrando a través das historias e das ilustracións), o proceso de creación dun libro e o de impresión e encuadernación. Rematamos a visita facéndonos unhas fotos debuxando coas imaxes. Foi moi divertido!

XOGOS MUSICAIS EN INFANTIL

O alumnado de infantil fixo unha saída o pasado venres 27 de febreiro ao Multiusos Piñeiral do Crego en Chapela para asistir a unha actividade titulada: "Xogos musicais con Luis Prego". Nesta actividade, o alumnado puido coñecer diferentes instrumentos musicais tradicionais e estiveron cantando ao ritmo dos instrumentos. Pasaron unha mañá moi divertida e interesante.


Deixamosvos algunhas fotos para que vexades como disfrutaron.

SAÍDA A CARREFOUR E FARO DE VIGO

O alumnado de 2º fixo unha saída ao Hipermercado Carrefour para ver de primeira man os produtos e experimentar un día de compra e seguiron con unha visita ao Edificio do Xornal Faro de Vigo que está preto do colexio e onde se fixeron unha fotografía que saiu no xornal publicada.


SAÍDA A CORREOS

O alumnado de infantil fixo unha saída á oficina de correos de Chapela para enviar as postais ás súas familias. Pasárono en grande!


DIARIO DUNHA SAÍDA: VIAXAMOS A CESANTES!

O xoves 9 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria realizou unha saída á praia de Cesantes para investigar, manipular, coñecer e aprender diferentes aspectos sobre o ecosistema dunar e sobre a Enseada de San Simón. Recibiron información sobre as especies que habitaban nesta zona e sobre as plantas autóctonas e alóctonas que poblaban o ecosistema dunar. Puideron recoller diferentes especies e coñecer diferentes aspectos relacionados coas mesmas.


Foi unha actividade fantástica e pasámolo en grande.

UNHA VOLTA POLO MERCADO

O alumnado de 1º e 2º fixeron unha  saída ao mercado de abastos de Redondela o … de setembro. Alí recibiron unha charla sobre os distintas especies autóctonas da ría como o “choco “ de Redondela.  Aproveitaron tamén para coñecer os diferentes postos e produtos que se ofrecen no mercado.

Deixámosvos algunhas fotos sobre a visita.

   

                               

OBRADOIRO CIENTÍFICO CSI

No mes de abril fixemos unha saída o alumnado de segundo ciclo. Asistimos a unha charla de dous investigadores que nos contaron cómo é o traballo dos científicos da policía. Practicamos moito: Buscamos pegadas, buscamos pistas, fixemos retratos robot,... En definitiva, pasamos a ser investigadores por un día.

Deixamos aquí unhas fotos para que vexades o noso traballo.

SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO

Esta semana o alumnado do 2º Ciclo acudíu á Semana Matemática de Vigo.

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Eventos

« Septembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

COUSAS, COUSIÑAS...