Iniciar sesión: Acceso

PRIMARIA

PRIMARIA

FERIA DE CIENCIA NO IES DE CHAPELA

Hoxe o alumnado de sexto asistiu a FEIRA DE CIENCIA do IES de Chapela.

Na presentación podedes ver os distintos "stands" e a temática de cada un deles. Ademais de aprender pasámolo estupendamente.

Grazas ao profesorado pola invitación e ao alumnado por todo o que nos ensinaron.

 

FERIA CIENTÍFICA on PhotoPeach

DE VIAXE O BIG BEN

VOS DEIXAMOS UN EXEMPLO DO TRABALLO INTERCICLOS DO ENTROIDO 2017

 

2º PRIMARIA CURSO 2014-15

Aquí vos deixamos un video resumo das actividades realizadas polo alumnado de 2º de primaria no curso 2014-15.


VÍA RADIO NO COLE!

Hoxe recibimos a visita no colexio de VÍA RADIO. Estiveron no colexio entrevistando ao alumnado de 4º de primaria sobre cuestións relacionadas coa actualidade para un programa matinal que emite dita emisora. O programa chámase Bos Vias Charlie! e emitirase o luns 29 de setembro de 8:00 a 10:30 no dial 93.3 da FM. Agardamos que vos guste.


Deixamos o enlace para que poidades escoitar o primeiro corte da intervención.

1º DE PRIMARIA CURSO 2013-14

Aquí vos deixamos un vídeo que resume as actividades realizadas polo alumnado de 1º de primaria no curso 2013-14.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado 5 de xuño celebramos no colexio o día do medio ambiente. O alumnado de infantil de 4 anos e o alumnado de 1º de primaria contáronnos como levar a cabo unha actitude responsable de cara á reciclaxe.

Deixamos un video para que vexades toda a información do evento.

Agardamos que vos guste!

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

O pasado 17 de marzo de 2014, os cursos de 1º e 3º preparamos unha representación para conmemorar o día mundial dos dereitos do consumidor e para elo realizamos dúas actividades que pretendían concienciar ao alumnado do centro respecto á necesidade de levar a cabo unha dieta equilibrada e a reciclaxe e dos dereitos e deberes que temos como consumidores.


O alumnado de 1º, fixo unha representación do "Restaurante Intelixente" onde nos daban pautas e consellos para amosarnos como poder desenvolver condutas responsables e concienciarnos sobre:



  • A necesidade de levar a cabo unha dieta equilibrada basada na pirámide de alimentos.

  • A conveniencia de utilizar envases (máis vidro e menos plástico) e materiais (máis panos de tea e menos panos de papel).que se poidan reutilizar .

  • Achegarnos (na medida do posible) ao consumo de alimentos ecolóxicos.

O alumnado de 3º fixo unha exposición dos dereitos e deberes dos consumidores e deron pautas a seguir para desenvolver condutas basadas nun consumo responsable.


 Ao final de cada representación se fixeron algunhas preguntas para comprobar que a mensaxe fose entendida e repartironse unhas medallas aos que acertaban.


A actividade resultou moi entretida e participativa. Deixámosvos aquí algunhas fotos do evento para que vexades que ben o pasamos.


 


 


 

Os deuses gregos

     Os deuses gregos

Queredes saber algo sobre os deuses

gregos? Gabriel  de 3º podevos axudar.

Tarta de galletas

TARTA DE GALLETAS

O alumnado de 6º despedíu o ano facendo de cociñeiros

 

AS AVENTURAS DOS NEN@S DE 2º CURSO

Os nen@s de 2º curso ao longo do curso 2008-2009 realizaron unha serie de actividades, as cales podemos ver a continuación no seguinte video.

COÑECEMOS AS PLANTAS

 

O alumnado de primeiro iniciouse no Método Ciéntifico cun traballo de investigación sobre as plantas. Aqui tes unha pequena mostra do súa labor.

 

Visita á biblioteca de Chapela

Ó día 5 de Maio, mércores, os alumnos de 4º de primaria asistiron á biblioteca de Chapela.

DEPORTE ESCOLAR

Este ano o alumnado de 6º de primaria participou nunha nova experiencia deportiva, xunto cos compañeiros/as de Igrexa, Laredo e San Salvador de Teis.

A actividade levouse a cabo en diferentes xornadas nas que practicaron diferentes deportes: voleibol, baloncesto, balonmán, badmintón, natación e atletismo.

Ao final de cada xornada realizaban unha proba cultural onde demostraban os seus coñecementos de matemáticas, lingua, coñecemento do medio e deporte.

Esta experiencia non tiña como obxectivo potenciar a competitividade, todo o contrario, fomentaba a convivencia e o disfrute do deporte como unha actividade lúdica e saudable.

Aquí tedes unha mostra dalgunhas destas actividades

nenos na pista xogando o balón

nenos no plideportivo

nenos xogando o voleibol

no polideportivo xogando

recibindo intruccións para sair xogar

no banquillo, pronto nos toca

 

 

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

COUSAS, COUSIÑAS...

DE INTERESE