Iniciar sesión: Acceso

MOVE O RATO

MOVE O RATO

LIM CIENCIAS

    O Departamento Tic do Ceip Plurilingüe Alexandre Bóveda, elaborou unha actividade LIM para poder practicar diferentes actividades e retos, adaptados a diferentes idades, para investigar, experimentar e traballar contidos relacionados con diferentes aspectos das ciencias. Agardamos que sexa do voso agrado e animámosvos a practicar e experimentar. 


Clicade na imaxe para entrar na actividade.



 

LIM ÁNGELES ALVARIÑO (DIA DA CIENCIA EN GALEGO 2015)

Para conmemorar a celebración do Día da Ciencia en galego 2015, que este ano está dedicado á bióloga Ángeles Alvariño, o Departamento TIC do centro elaborou un libro LIM con actividades para traballar e coñecer diferentes aspectos da súa vida e da súa labor como científica.


Agardamos que sexa do voso agrado.


                     

CONCURSO: "EXPERIMENTANDO COAS TIC"

    Durante o presente curso queremos seguir contando coa participación das familias do centro empregando as novas tecnoloxías para elaborar documentos en formato dixital relacionados co proxecto do centro, que como todas/os sabedes céntrase na experimentación e leva por título: “Un, dous, tres,… probando”.


   Aproveitando este tema da experimentación, queríamos pedirvos que elaborásedes un pequeno experimento na casa para sacar fotos de cada paso ou gravalo en vídeo. Os que gravedes podedes envialos directamente e os que optedes por facer as fotografías de cada paso, deixamos un modelo para que elaboredes unha montaxe coas fotos no modelo que se adxunta.


   Podedes enviar os os vídeos e os documentos en pdf ou no documento orixinal a través do enderezo de correo electrónico: informaticaboveda@gmail.com ; lembrade que é importante que figure sempre o nome do nen@ e o curso no correo; con isto faremos unha pequena exposición na escola e premiaremos as máis orixinais.


     A data límite de entrega será o 1 de decembro.


 


                                                                          Grazas pola colaboración

PREMIADOS CONCURSO PORTADAS PLAMBE 2015

Xa temos premiados do concurso portadas do plambe 2015. Nesta ocasión tivemos menos participación pero os traballos entregados foron moi interesantes. Aquí vos deixamos unhas fotos das gañadoras e dos seus traballos. Noraboa e grazas pola vosa participación!


CONCURSO PORTADAS PLAMBE 2015

Este ano, convocamos de novo o concurso para elaborar a portada para a memoria do PLAMBE que se convoca polo departamento TIC entre as familias do centro. De entre todos e todas as participantes seleccionamos dúas que resultaron gañadoras do concurso e recibiron o seu agasallo o xoves 18 de xuño. As gañadoras foron: Noelia Lago de 5º e Lidia Bastos de 3º A. Noraboa!

DÍA DA PAZ 2015

Con motivo da celebración do Día da Paz 2015 elaboramos unha montaxe con imaxes e traballos das familias, que elaboraron unhas composicións co tema: "Eu teño alguén no meu corazón...". Deixamos o enlace da montaxe.



TEXTO SOBRE O DÍA DA PAZ 2015


Este ano, celebramos o día da Paz elaborando un vídeo sobre o estribillo da canción do disco “Xiqui,Xoque, Fiú, Fiú!” de María Fumaça que se titula: “Eu teño alguén no meu corazón…”. Con este formato elaboramos unha plantilla para enviarlle ás familias e que elaborasen as súas propostas sobre as persoas importantes para eles. Con estas plantillas e coas ilustracións feitas polo alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria, sobre as distintas estrofas da canción, elaboramos o vídeo que deixamos aquí para que o vexades.


Por outra banda, o alumnado de 3º a 6º de primaria, tamén fixo a súa aportación, tendo en conta o tema das “Viaxes solidarias” prepararon unha exposición sobre algunhas das ONG’s que realizan unha importante labor en diferentes lugares do mundo que precisan de axuda en diversos ámbitos: Asistencia médica, problemas medioambientais, dereitos, etc. As ONG’s elexidas foron: Médicos sen fronteiras (3º), Greenpeace (4º), Implicadas no desenvolvemento (5º) e Amnistía Internacional (6º). Para preparar a exposición, repartíronse a búsqueda de información por grupos e elaboraron uns carteis cos que presentaron a información ao resto do alumnado o día 30 de xaneiro. Despois fixemos o visionado do vídeo e bailamos a canción de “Eu teño alguén…” todos xuntos. Pasamos un día fantástico!


 

XA TEMOS GAÑADORES!

  O día 19 de decembro fixemos entrega dos premios do concurso das maletas. Foron seleccionados un alumno de educación primaria e unha alumna de infantil. Os gañadores foron anunciados a través da radio escolar e fíxoselles entrega dos premios durante o recreo.

  Os gañadores foron os seguintes:

  • EDUCACIÓN PRIMARIA: ALEJANDRO ALONSO BOULLOSA (3º A)
  • EDUCACIÓN INFANTIL: INÉS CONSUELO QUINTILLÁN GIL (4º INFANTIL)

  Deixamos fotos dos traballos premiados e da entrega dos premios aos gañadores.

Tamén deixamos o enlace do anuncio dos gañadores a través da radio do colexio.

Queremos agradecer de novo a todas as familias pola súa participación no concurso e animarvos a seguir participando en futuras actividades que se plantexen desde o departamento. Grazas!

                                       

                                           

UNHA MALETA, UNHA VIAXE!

   Unha vez recibidas as aportacións das familias para o concurso das maletas, fixemos unha exposición das maletas recibidas no hall de entrada do centro e tamén elaboramos unha sinxeliña presentación para que podades gozar das magníficas composicións que realizaron as familias.


    Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.


                                


                  

OS BARCOS

Libro lim sobre os barcos e o porto.


LIM VOLTA AO MUNDO

Dende o departamento TIC elaborouse un libro lim para traballar diferentes contidos relacionados co libro: "A volta ao mundo en 80 días" de Xulio Verne. O libro está composto por varios libros lim relacionados con Xulio Verne e cos continentes polos que Philleas Fogg pasou na súa viaxe arredor do mundo.


Clica na imaxe para acceder ao libro lim


                                         .

PROXECTO VIAXEIRO

 

ENVIAMOS UN EXEMPLO DE MALETA PARA O PROXECTO DO COLE. SI CLICADES NA MALETA PODEDES VER UNHA IDEA DE COMO FACER O VOSO.

AND THE JOURNEY STARTS....

 

CLICK ON BIG BEN TO DO THE ACTIVITIES

CONCURSO PORTADAS PLAMBE 13-14

CONCURSO PORTADA PLAMBE


Durante o mes de maio, O Departamento Tic convocou un concurso entre as familias da escola para que elaborasen unha portada para a memoria do Plambe 2013-14 "Medindo e contando".  


Resultaron gañadoras Noelia de 4º e Lidia de 2º A que recibiron os seus agasallos como gañadoras.


                


Queremos agradecer dende o Departamento a participación de todas as familias pola súa colaboración.


As portadas gañadoras foron as seguintes:


                      


Podes ver as portadas dos participantes clicando aquí.


 


                


 

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

COUSAS, COUSIÑAS...

DE INTERESE