Iniciar sesión: Acceso

FESTA, FESTA...

ACTUACIÓNS ENTROIDO

Para volver a disfrutar das actuacións.....

 

AS ORDES DO MECO

O alumnado de segundo despois de cumpridas todas as ordes do meco deste ano. Guapiiiiisimos!!!!

I XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO

ESTE ANO CELEBRAMOS OS I " XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO" E AQUÍ ESTA O DOCUMENTO GRAFICO DA NOSA AVENTURA.

COMEZOUSE PEDINDO O AGUINALDO E POSTERIORMENTE REALIZÁRONSE OS XOGOS.

FELICES VACACIÓNS!!!!!

MAIOS 2016

FESTA DOS MAIOS

O pasado mércores 4 de maio fixemos a representación dos maios no patio do colexio. Todos os cursos cantaron as súas coplas arredor do maio e tamén participaron as familias e o profesorado. Foron unhas coplas moi simpáticas e divertidas, e tamén reivindicativas, nas que como todos os anos os deberes, os exames e a LOMCE tiveron o seu protagonismo. Pasámolo moi ben e agradecemos a todos e a todas a súa participación.

Deixamos imaxes do evento e tamén os vídeos das actuacións do alumnado e das familias.

 

MAIO 6º

MAIO 5º

MAIO 4º B

MAIO 4º A

MAIO 3º

MAIO 2º

MAIO 1º

MAIO 6º INFANTIL

MAIO 5º INFANTIL

MAIO 4º INFANTIL

MAIO FAMILIAS

 

PREPARACIÓN DOS MAIOS

O pasado martes 3 de maio estivemos preparando os colares de fiuncho, de pampullos e margaridas, de ovos e de limóns e laranxas para adornar o noso maio que se montou pola tarde para estar listo para a representación do día seguinte. Este ano, tamén viñeron as familias a preparar as coplas para cantar o seu maio. Foi un traballo fantástico e quedounos un maio moi vistoso. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

ENTROIDO 2016

O día 5 de febreiro celebramos O Entroido na escola. Este curso, segundo o Proxecto Integrado de Centro, o leitmotiv foi " 1,2,3 ...Probando".

Deste xeito a escola converteuse nunha mostra de diferentes estilos musicais que foron representados da seguinte manera:

Infantil: " Estrelas do Rock"

1º e 2º : Ritmo Latino

3º e 4º :Escola de Hip Hop

5º e 6º: Coro de Gospel de Angorén

Deixámosvos aquí unha mostra da festa pero podedes ver máis fotos na Galería.

 

Este ano, como o lema do proxecto do centro é "1,2,3...probando", a proposta do meco foi darnos 3 opcións para disfrazarnos: De científicos, de pintores ou de cociñeiros e en función do disfrace que escollemos, temos que ir engadindo diferentes elementos ao noso disfrace, xa que este ano as propostas do Meco, son acumulativas.

 

 

 

O venres pasado deixounos a primeira orde que foi a seguinte:

"Unha bata e mandil traerás e moi guapo/a estarás"

 

O luns:

"Un gorro terás que elaborar se moito queres experimentar"

 

O martes:

"Instrumentos deberás traer para acadar o que ti queres ser". 

       

   

  

 

 

    

O mércores :

"Probando e creando, inventarás o cuarto elemento do teu disfraz".

  

     

  

  

  

   

  

  

 

SAMAÍN - MAGOSTO 2015

Como cada ano, polo tempo do Samaín, achégase ata o colexio, un simpático personaxe que cada ano ven caracterizada con novos instrumentos e obxectos. Este personaxe é a nosa querida araña: "A araña científica" que xunto coa nosa coordinadora de actividades extraescolares, dan a benvida ao tempo do Samaín e o Magosto.

 

Este ano propuxemos ao alumnado e as familias que participasen na ambientación do Magosto e do outono realizando manualidades con castañas coas que se fará unha exposición na entrada do colexio.

A participación está sendo alta e deixámosvos unha pequena mostra das manualidades que nos van chegando.

Grazas a tod@s por participar.

 

 

II XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE ESCOLAR: "ENCONTROS DO MUNDO"

O pasado venres 19 de xuño, celebramos no colexio unha xornada lúdica de convivencia onde participaron as familias xunto co alumnado en diferentes actividades. Programáronse catro obradoiros que foron conducidos fantásticamente polo alumnado de 6º. Os obradoiros foron os seguintes:



  • "Fotocol polo mundo": que se realizou na aula de música.

  • "Contacontos bilingües": que se realizou na biblioteca.

  • "Xogos tradicionais": que se realizou na pista.

  • "Canto e danza": que se realizou no patio de infantil.

O ambiente foi moi bo e as familias participaron cos seus fillos/as en todos os obradoiros. Resultou moi divertido e deixamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasaron.



  • "Fotocol polo mundo"



































 



  • "Contacontos bilingües"





  • "Xogos tradicionais"









  • Canto e danza"


 









Cando remataron os obradoiros, as familias e o alumnado ocuparon os seus asentos para asistir á ceremonia de graduación do alumnado de 6º e á entrega de orlas. Antes de comezar o concerto, o alumnado dirixiu unhas palabras a todos os asistentes agradecendo aos compañeiros/as, ás familias e ao alumnado a súa axuda e a súa compañía durante a etapa de primaria. Foi un discurso moi emotivo e agradecemoslles esas fermosas palabras. Deixamos unhas fotos do acto e os vídeos do evento:






Ao rematar os obradoiros e a entrega das orlas e a ceremonia de graduación do alumnado de 6º, puidemos gozar da actuación de un fabuloso músico e cantante (Pablo Díaz) que nos presentou o seu espectáculo: "TIC-TAC-TOC". O alumnado pasouno moi ben cantando e bailando as cancións deste gran artista. Deixamosvos algunhas imaxes para que vexades como gozaron.






MAIO, MAIÑO

O MÉRCORES 6, CELEBRAMOS NA ESCOLA A FESTA DOS MAIOS. ALUMNADO, PROFESORES E FAMILIAS CANTARON AO MAIO AS COPLAS COMPOSTAS PARA ESTA OCASIÓN. AQUÍ QUEDA UNHA PEQUENA MOSTRA.

FESTA DOS MAIOS 2015

O pasado martes 5 de maio estivemos preparando os colares de fiuncho, de pampullos e margaridas, de ovos e de limóns e laranxas para adornar o noso maio que se montou pola tarde para estar listo para a representación do día seguinte. Este ano, tamén viñeron as familias a preparar as coplas para cantar o seu maio. Foi un traballo fantástico e quedounos un maio moi vistoso. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.   

FESTA DO ENTROIDO 2015

Con  motivo da celebración do Entroido e traballando o proxecto do centro escolar” A volta ao mundo en 80 días”, os diversos ciclos escolleron diferentes personaxes viaxeiros para realizar as súas actuacións. Os disfraces foron os seguintes:


- Infantil: Piratas. “O pirata mete pata” de Mama Cabra


- 1º Ciclo:Phileas Fogg.  “A volta ao mundo en 80 días”adaptación do profesorado.


- 2º Ciclo: Tintín. “Xiqui  Xoque, Fiú, Fiú” de María Fumaça.


- 3º Ciclo: Wally. “A onde vas rapas?” de Siniestro Total.


Despois das distintas actuacións os nenos de primaria fixeron  a merenda degustando os típicos doces do Entroido e pasámolo en grande.


Deixámosvos algunhas fotos da festa e tamén os vídeos das actuacións.


PREPARANDO O ENTROIDO 2015

Chegou o entroido, os disfraces, a festa, a troula e como todos os anos nesta semana de entroido comezamos recibindo as ordes do "MECO" que este ano saiunos viaxeiro e vai polos diferentes países deixandonos as súas indicacións.


O venres pasado,atopábase en Exipto e deixounos a primeira orde que foi a seguinte:


                                          


" SE CUN PAÍS QUERES IDENTIFICARTE, LE CON ATENCIÓN ESTA INFORMACIÓN: ATOPA UNHA VISEIRA, AGRÉGALLE UNHA BANDEIRA E XA PODES CRUZAR A FRONTEIRA"


Agardamos que o luns sexades moitos os que veñades con esa prenda e poñeremos as fotos dos participantes.


Aquí deixamos as fotos dalgunhas viseiras que chegaron ata o colexio.



 


   Hoxe o "Meco" volveunos a deixar unha nova orde desde unha famosa cidade europea... A orde é a seguinte:


                  


      "UNHA MALETA DESEÑARÁS, CON CROMOS, PEGATINAS ... A DECORARÁS ¡¡A TODOS/AS VAS IMPRESIONAR"


   Agardamos que sexades moitos os que veñades coas maletas e deixaremos unhas fotiños das maletas orixinais. Animádevos a participar!


  


         


 


   Hoxe martes o "Meco" viaxou ata a India e deixounos unha foto ao lado dun monumento moi famoso desa cidade: o "Taj Mahal", e como non podía ser doutro modo, deixounos outra encomenda, que é a seguinte:


"SE UN PAÍS QUERES ATOPAR, UNS ANTEOLLOS, PRISMÁTICOS DESEÑARÁS, E UN BO EXPLORADOR SERÁS!!!"


                      


Deixamos algunhas mostras dos anteollos e prismáticos que chegaron ao colexio. Eran fantásticos!


 


 



    Hoxe mércores, o "Meco" viaxou ata unha das cidades máis cosmopolitas e deixounos unha foto cun dos seus monumentos máis característicos: "A Estatua da Liberdade" e deixounos a última orde deste ano que é a seguinte:


"SE QUERES LEMBRAR OS LUGARES MÁXICOS QUE VISITARÁS, UNHA CÁMARA DE FOTOS DESEÑARÁS"


                                           


     Deixamos algunhas mostras das fabulosas cámaras que trouxeron ao colexio para sacar unhas magníficas fotografías. Que creatividade!


 


 


 


Grazas a todos/as pola vosa participación. Bo entroido!


 


 


 

CHEGOU O SAMAÍN!

Como cada ano, por estas datas, celebramos o Samaín, e decoramos o colexio para conmemorar esta festividade. Este ano, como o noso proxecto está basado no libro "A volta ao mundo en 80 días", fixemos unha decoración basada nos diferentes xeitos que teñen de celebrar esta data nos distintos continentes. Así escollemos os seguintes:


En Europa: A festividade celta do Samhain. Orixe da noite de defuntos.


En América:Unha festividade ritual con tradición mexicana. O altar dos mortos, en Guanajuato (México).


En Asia: A cerimonia de Obon (Xapón). Festa Budista onde se recorda aos familiares falecidos.


En África: A adoración dos antepasados nos Pobos Ijaw e Ibo (Nixeria- África).


Deixamosvos algunhas fotos da decoración do colexio.






Tamén este ano, temos presidindo a entrada do colexio, á nosa "Araña viaxeira" que este ano ven cargada cunha maleta e provisións para facer unha viaxe arredor do mundo. Agradecer tamén ao departamento de complementarias do colexio a súa dedicación e personificada na súa coordinadora "Wendy" que aparece na foto coa nosa querida "Araña".


              

I XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

Este ano celebramos a I XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR do colexio o último día de clase. Participou o alumnado de 6º acompañados por algúns mestres que organizaron 4 obradoiros onde participaban o resto do alumnado acompañados dos seus familiares. Os obradoiros son os seguintes:






  • OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES. 

 








 


 


E como remate de festa tivemos a actuación dun gran músico: MAGÍN BLANCO, que nos deleitou con un repertorio de magníficas cancións dos seus discos: "A nena e o grilo" e "A nena e o grilo nun barquiño". Pasamos un rato fantástico e gozamos moito da música destes grandes artistas.


Deixamos algunhas fotos de mostra para que vexades: QUE AMBIENTAZO!


       


      

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Eventos

« Septembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

COUSAS, COUSIÑAS...