DÁLLE Á LÍNGUA

MARATÓN LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o maratón do Día das Letras Galegas o día 15 de maio no paseo marítimo de Laredo. Como sempre participamos os coles da zona: Angoren, Igrexa, Laredo, Trasmañó e o IES de Chapela. Despois da carreira as ANPAS obsequiaron aos participantes cunha estupenda merenda e bebida para repoñer forzas.

Carta presentación

Achegámosvos tamén a carta presentación do tríptico para que ampliedes a información.

Preme en carta.

Trítico sobre o galego

Ante a falta de información da Consellería de educación achegámosvos este tríptico creado pola Coordinadora  Equipos de Normalización lingüística dos centros para que teñades un maior coñecemento da situación do galego na escola e poidades contestar as preguntas da enquisa que vai facer a Consellería con maior seguridade.Preme na palabra tríptico

LETRAS GALEGAS

Cerebramos o día das Letras galegas desenvolvendo as seguintes actividades:

  • Proxección da película "O bosque animado" que disfrutaron @s alumn@s de 1º e 2º ciclo.
  • @s alumn@s de 3º ciclo asistiron a unha presentación en powerpoint sobre Ramón Piñeiro que elaborou o departamento de normalización cos cartaces que sobre a vida do autor nos enviou este ano a Xunta.
  • Creación dun mural con adiviñas inventadas pol@s nos@s alumn@s.  

OS PODERES DA LÚA

Este é o último traballo. Foi realizado polos alumnos do 2º ciclo. Investigaron no seu contorno preguntándolle aos seus pais, avós e veciños sobre os poderes que a lúa exerce sobre os cultivos, os estados de ánimo da xente e dos animais.

Non sabemos ata que punto isto pode ser así, estudos científicos demostran que as plantas crecen igual independentemente da fase da lúa. Pero os defensores dos poderes da lúa aclaran que crecer, crecen, pero que de igual, nada.   

ESTAMOS NORMALIZADOS

Benvidos ó departamento de normalización lingüística do centro. Queremos aproveitar esta oportunidade para achegarnos un pouco máis a vós e explicarvos en que consiste o noso traballo.

¿Quen somos?

O departamento está formado por catro profesoras do centro: Puri,titora de 1º; María Antonio, profesora de infantil; Milagros, profesora de EF e xefa de estudos; Melu, profesora de audición e linguaxe.

¿Que facemos?

  • Coordinamos actividades para desenvolver a nivel de centro co obxectivo de promover o uso do galego.
  • Promovemos o uso do idioma en todas as comunicacións internas e externas do centro.
  • Colaboramos con todos os departamentos para o desenvolvemento das súas actividades en galego.
  • Animamos ós alumnos a expresarse en galego entre eles e coas profesoras.

En definitiva traballamos para favorecer o uso do galego en todos os ámbitos da vida educativa, porque somos conscientes de que moitas veces, o colexio é o único espazo co que os nosos alumnos poden contar para desenvolverse en galego.

PROXECTOS ACTUAIS

DE INTERESE

 

 

 

 

 

  

Iniciar sesión