DÁLLE Á LÍNGUA

2º PROGRAMA DE RADIO BERETIÑO

2º Programa de Radio Beretiño!


    O venres 5 de decembro, (día en que recibimos a visita do conselleiro de Educación), puidemos volver a escoitar a Radio Beretiño. É o segundo programa de Radio Beretiño do presente curso. Alumnos e alumnas de 4º puxéronnosao día da axenda cultural da nosa bisbarra onde destaca a celebración do "CULTURGAL", fixéronnos unha recomendación musical, informáronnos das novas do "cole" e como conmemoración do día contra a violencia de xénero leron unhas cartas que o alumnado lle dedicou a MALALA (unha rapaza moi especial que loitou e loita polos dereitos das nenas e nenos a unha educación) e agradecéronlle a colaboración á ONG "Implicadas no desenvolvemento" que nos viñeron a dar unha charla sobre os grupos de axuda mutua e o traballo que fan en países como a India, e prestáronnos tamén unha exposición de fotografías que estivo exposta no centro durante esa semana. Por último, déronnos pistas para averiguar:"Onde está o Beretiño?" con pistas para os maiores e para os máis "Kativos". Foi moi interesante e divertido. Tivemos, de novo, unha grande participación. Xa non cabían máis papeletas no buzón! A continuar así!


Grazas a todos pola vosa participación.


Deixámosvos os enlaces para que poidades escoitar o 2º programa de "Radio Beretiño" desta segunda etapa.

PASAPORTES DO BERETIÑO

Xa temos de volta ao Beretiño! Este ano tráenos novos retos para que sigamos traballando para conservar o noso tesouro: "O GALEGO". Este ano como o noso proxecto está relacionado co libro "A volta ao mundo en 80 días", propúxonos unha serie de actividades que nos axudarán a ir completando o noso pasaporte. A primeira parada foi Anecdópolis: o alumnado tiña que contar oralmente en galego unha anécdota que lle sucedese nunha viaxe. Fixérono moi ben e conseguiron que o Beretiño lles selase o pasaporte na nosa alfándega.


Deixámosvos algunhas fotos.


 


RADIO BERETIÑO ESTÁ DE VOLTA!

Estamos de volta con Radio Beretiño!

    O venres 24 de outubro puidemos volver a escoitar a Radio Beretiño. É o primeiro programa de Radio Beretiño do presente curso. Alumnos e alumnas de 4º puxeron en marcha este novo proxecto no que nos puxeron ao día da axenda cultural da nosa bisbarra, fixéronnos unha recomendación musical, informáronnos das novas do "cole" e fixéronlle unha entrevista a unhas convidadas especiais que nos trouxeron moi bos recordos e interesantes consellos. Por último, déronnos pistas para averiguar, nun novo concurso, "Onde está o Beretiño?" con pistas para os maiores e para os máis "Kativos". Foi moi interesante e divertido. Tivemos unha grande participación. O buzón estaba a tope! Así da gusto!

Grazas a todos pola vosa participación.

Deixámosvos os enlaces para que poidades escoitar o 1º programa de "Radio Beretiño" desta segunda etapa.

 Deixamos tamén o enlace da entrega de premios do concurso.

RADIO BERETIÑO

Este ano puxemos en marcha a radio escolar que se chama "Radio Beretiño". Algunhas das alumnas de 4º de primaria fixeron  e grabaron a primeira locución de "Radio Beretiño" que tivo moita aceptación entre o alumnado do colexio. Contáronnos moitas novidades, informáronnos de actividades do colexio e culturais na bisbarra, anunciáronnos a chegada da revista folerpas e puxeron en marcha o concurso "TROLEIROS" que contou coa participación da maioría do alumnado do centro e que sorteaba unhas camisetas do Beretiño a aqueles que fosen quen de adiviñar unha noticia falsa de 4 opcións.

Resultou moi divertido e a participación e aceptación entre o alumnado foi moi exitosa.

Estamos agardando que comece o novo curso para escoitar os seguintes programas.

Deixamos os enlaces para que poidades escoitar o programa:

 

Deixamos tamén o enlace ao blogue da caracola tola onde se atopa a información relacionada coa emisión deste 1º programa de "Radio Beretiño".

ENCONTROS CON MALVELA

Estes días recibimos no colexio a visita dunha parte representativa do grupo MALVELA que viñeron a contarnos como eran as escolas de antes. O alumnado de 6º fíxolle unha entrevista basada en preguntas relacionadas cos tempos de antes.

Foi estupendo poder compartir con elas un ratiño do seu tempo e como era de supoñer rematamos o día cantando e bailando. Pasámolo moi ben! Gracias MALVELA!

Deixámosvos aquí a grabación da entrevista xunto coa representación dos maios de 6º que se enviou para participar no XX aniversario do programa PONTE NAS ONDAS!

Agardamos que sexa do voso agrado. Clicade nos enlaces para acceder ao vídeo:

Tamén vos deixamos o enlace ao blogue da caracola tola onde podedes atopar máis información do evento e ver as fotos que lles fixemos!

REVISTA FOLERPAS 2014

UN ANO MÁIS ESTAMOS DE VOLTA COA REVISTA FOLERPAS. ESTE ANO ESTÁ DEDICADA A ALGÚNS DOS ELEMENTOS DESTACADOS DA CULTURA GALEGA.


CLICA NA FOTO DA PORTADA PARA VISUALIZALA.


AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.


BICOS BERETUDOS!



 

FOLERPAS 2013

   


 UN ANO MÁIS ESTAMOS AQUÍ DE NOVO                CUNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA                      REVISTA ESCOLAR "FOLERPAS".


         DESEXAMOS QUE VOS GUSTE.


        UN SAÚDO DAS NOSAS MASCOTAS                    BERETIÑO E CARACOLA TOLA.


 


  FAI UN CLIC NA PORTADA PARA                                                          VISUALIZALA EN PDF.                              



 


          

MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS

Prepárandonos para saír

MAIO, MAIÑO

O día 8 de Maio celebrouse na nosa escola a Festa dos Maios, interpretando as nosas coplas. 

12-12-12

Ao cumprise o centenario do nacemento do escritor galego Celso Emilio Ferreiro, o noso centro súmase á convocatoria da Coordinadora de Equipos de Normalización para ler o poema de dito autor " Deitado frente ao mar" o mércores 12 de decembro as 12 da mañá.

A duración do acto será de aproximadamente 15 minutos e facemos extensiva a invitación a todas as familias que querades ler con nós este fermoso poema da nosa lingua.

SAMAIN 2012

ESTE ANO PARA CELEBRAR O SAMAÍN RECOPILÁRONSE E LÉRONSE NAS CLASES LENDAS RELATIVAS AS HERBAS.


 

SAMAÍN

FOLERPAS 2012


DESPOIS DUN ANO AGARDANDO POR ELA, XA TEMOS AQUÍ UNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ESCOLAR "FOLERPAS".


DESEXAMOS QUE VOS GUSTE.


UN SAÚDO DAS NOSAS MASCOTAS BERETIÑO E CARACOLA  TOLA.


FAI UN CLIC NA PORTADA PARA VISUALIZALA EN PDF.

PROXECTOS ACTUAIS

DE INTERESE

 

 

 

 

 

  

Iniciar sesión