DÁLLE Á LÍNGUA

REVISTA FOLERPAS 2015

UN ANO MÁIS ESTAMOS DE VOLTA COA REVISTA FOLERPAS. ESTE ANO ESTÁ DEDICADA A ACTIVIDADES REALIZADAS NO CENTRO PARA FOMENTO DA CULTURA GALEGA.


 CLICA NA FOTO DA PORTADA PARA VISUALIZALA.


 AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.


 BICOS BERETUDOS!


ENTREGA PREMIOS PROGRAMA 3º A


 O pasado 18de xuño, o alumnado de 3º A fixo entrega dos seus premios ao alumnado que resultou gañador entre os acertantes do seu concurso: Onde está o Beretiño? que propuxeron no seu programa especial de Radio Beretiño.




ENTREGA PREMIOS PROGRAMA CARRUAXES

O pasado 15 de xuño, o alumnado de 5º de educación infantil "As carruaxes" fixeron entrega dos seus premios ao alumnado que resultou gañador entre os acertantes do seu concurso sobre cine infantil que propuxeron no seu programa especial de Radio Beretiño.



 

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO (ALUMNADO DE 3º A)

O pasado luns 15 de xuño, o alumnado de 3º A, realizou o seu programa especial de Radio Beretiño.

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO 2º

O pasado luns 8 de xuño, o alumnado de 2º fixo o seu programa especial de Radio Beretiño e nesta ocasión, leváronnos a un tema moi especial: o mundo das mascotas, e máis concretamente, trataron o tema do abandono dos animais especialmente nas épocas vacacionais e aportaron consellos e opinións para poder dar unha solución a este tema tan importante e tan de actualidade. Tamén nos deleitaron con unhas cancións moi especiais que quedaron moi ben. Escoitade que paga a pena. Son uns artistas! Noraboa!

ENTREGA DE PREMIOS 4º PROGRAMA RADIO BERETIÑO

 

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado venres 22 de maio para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu concurso: Onde está o Beretiño? do 4º programa e informarnos de como evolucionan as listas das nosas cancións favoritas. Foi un programa fantástico. Noraboa!

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO "GLOBOS E ELEFANTES" (6º ED. INFANTIL)

O pasado luns 18 de maio o alumnado de Educación Infantil de 5 anos (A e B) fixeron o seu programa especial de Radio Beretiño no que nos contaron todos os traballos que fixeron no horto escolar e os procesos que levaron a cabo, incluso a elaboración do espantallo. Para rematar propuxéronnos unhas adiviñas para que o resto do alumnado participase. Fixeron un traballo magnífico. Foi un programa estupendo! Noraboa!

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO 4º (ESPECIAL LETRAS GALEGAS)

O pasado venres 15 de maio, o alumnado de 4º fixo o seu programa especial de Radio Beretiño onde nos informaron das novas da bisbarra, do maratón escolar das Letras Galegas que tivo lugar ese mesmo día e da biografía e das obras do autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2015 (Xosé F. Filgueira Valverde). Para rematar propuxéronnos un encrucillado e unhas adiviñas como actividade final. Foi un programa estupendo. Noraboa!

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO DAS "CARRUAXES"

O pasado venres 8 de maio, o alumnado de 5º de educación infantil ("As Carruaxes" de 4 anos) fixeron o seu programa de Radio Beretiño no que nos levaron de viaxe por todo o mundo da man do cine infantil. Grazas a este programa puidemos viaxar por varios países e lembrar algunhas das películas máis importantes do cine infantil. Foi un programa moi alegre e divertido. Fixeron un traballo fantástico. Felicidades a todos e todas!

4º PROGRAMA DE RADIO BERETIÑO

O pasado luns 4 de maio puidemos escoitar un novo programa de Radio Beretiño cargado de novas do colexio, a preparación dos maios, algunhas coplas e as seccións que non poden faltar de recomendacións musicais e recuncho literario, con un novo invitado especial. E, para rematar, un novo concurso de Onde está o Beretiño, do cal, en breve, coñeceremos os premiados e premiadas. Moita sorte!

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO 1º

O pasado 27 de abril o alumnado de 1º fixo o seu programa especial de Radio Beretiño para darnos información sobre unha festa tradicional que imos celebrar no colexio a vindeira semana: A festa dos maios. Contáronnos cousiñas como: cando e para que se fan, cales son os lugares con máis tradición, que son e que tipos de maios hai, os materiais e as coplas. Remataron o programa cantando un par de coplas que sonaron moi ben. Vaia programa! Noraboa!

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO 6º

O pasado 26 de marzo, o alumnado de 6º fixo un novo programa especial de Radio Beretiño no que incluiron diferentes traballos de investigación que realizaron sobre Xulio Verne como a súa biografía, os seus inventos, unha recensión do libro: "A volta ao mundo en 80 días" e mulleres importantes do século XIX. Neste programa, propuxéronnos tamén varios retos: enigmas, adiviñas e encrucillados, contáronnos curiosidades dos mestres/as e léronnos algunhas das súas creacións do obradoiro de escrita. Foi un programa moi interesante e divertido. Noraboa!

ENTREGA DE PREMIOS PROGRAMA DE 5º

O pasado venres 27 de marzo o alumnado de 5º fixo unha conexión especial para dar a coñecer os premiados do concurso que plantexaron no seu programa de Radio Beretiño. Noraboa aos premiados!

ENTREGA PREMIOS 3º PROGRAMA RADIO BERETIÑO

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión nesta semana para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu concurso: Onde está o Beretiño? do 3º programa e informarnos de como van as votacións das nosas cancións favoritas. Foi un programa moi alegre e divertido. Felicidades!

PROGRAMA ESPECIAL RADIO BERETIÑO DE 5º

O pasado xoves 12 de marzo, o alumnado de 5º fixo un programa especial de Radio Beretiño no que nos presentaron diferentes traballos que realizaron este ano. Déronnos información relativa a dous países que están de plena actualidade: Rusia e Grecia. Faláronnos sobre aspectos importantes destes países como a súa situación xeográfica, hidrografía, relevo, aspectos culturais e gastronomía. Tamén nos recitaron poemas e leron textos creados nos obradoiros literarios de lingua. Informáronnos sobre a visita que nos fixo a escritora María Reimóndez o luns 9 de marzo para falarnos sobre o seu libro: "Lía e as zapatillas de deporte" e o seu traballo na ONG "Implicadas no desenvolvemento" e deixárnonnos unha deliciosa receita dun prato moi típico e tradicional.


Fixérono moi ben! Moitas felicidades á clase de 5º polo seu traballo!

PROGRAMA ESPECIAL ROSALÍA 3ºB

O pasado venres 6 de marzo, o alumnado de 3º B realizou un programa especial de Radio sobre Rosalía de Castro aproveitando a proximidade da data do seu nacemento. Déronnos datos sobre a súa biografía, as súas obras e lembraron o tema central que centrou o noso traballo sobre Rosalía no centro: A emigración. Léronnos moitos dos seus poemas e fixeron un traballo estupendo. Noraboa!


Deixamos os enlaces do seu programa especial de radio para que poidades escoitalos.

3º PROGRAMA DE RADIO BERETIÑO

Estamos de volta de cun novo programa de Radio Beretiño. Tras unhas pequenas dificultades, por problemas técnicos, conseguiron sacar adiante un programa que nos trae moita información e novidades e como non podía ser doutro xeito, unha nova edición do concurso: Onde está o Beretiño?


Nesta ocasión, recomendan unha serie de actividades culturais que terán lugar no Concello, fannos unha recomendación musical en galego coa cantante Sés e infórmannos das novas da escola entre as que destaca a celebración do día de Rosalía (o 24 de febreiro) que desta vez celebrámola no centro traballando con poemas de Rosalía relacionados coa emigración.

ESPECIAL SRA. CARMEN

   O luns pasado, realizamos un programa de radio especial, dedicado á Sra. Carmen, lembrando a súa vida, algunhas das súas cancións e sobre todo aquela que lle gustaba tanto cantar: "Rosiña do mes de maio" que aproveitamos para cantar todas as clases como unha pequena homenaxe a esa gran artista e á que foi un pracer volver a escoitar.


 

LEMBRANDO Á SEÑORA CARMEN

    A Señora Carmen foi a persoa que eleximos hai tres anos (no 2012) para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Visitounos acompañada de dous artistas fantásticos: Uxía e Serxio Tannus. Ela estivo compartindo con nós as súas vivencias, deixounos un pouquiño do seu arte e conquistounos a todas e todos. Agora que se foi, queremos lembrala e agradecerlle que compartise con nós un anaquiño da súa vida.   GRAZAS SEÑORA CARMEN!


  Deixamos un enlace coa súa biografía que se elaborou no colexio con motivo da súa visita. 


                                          

PROXECTOS ACTUAIS

DE INTERESE

 

 

 

 

 

  

Iniciar sesión