DÁLLE Á LÍNGUA

ENTREGA DE PREMIOS 2º PROGRAMA 4º A

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado xoves 18 de febreiro para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 2º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un estupendo programa. Noraboa aos premiados!


 


Deixamos unhas fotiños desta entrega.



A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 7º OBXECTIVO

 


O sétimo reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coa física. Temos que buscar información sobre personaxes importantes do mundo da física e escribir a súa biografía para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!


 


 


 


  Os sextos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


 


  ·       FÍSICA(DO 15 DE FEBREIRO AO 26 DE FEBREIRO):


 


  INFANTILSE A FÍSICA QUERES DESCUBRIR, A BIOGRAFÍA DUN ILUSTRE FÍSICO DEBERÁS DESCUBRIR.


 


               Clica aquí para ver o cartel.


 



  •   FÍSICA(DO 15 DE FEBREIRO AO 26 DE FEBREIRO):


     PRIMARIASE A FÍSICA QUERES DESCUBRIR, A BIOGRAFÍA DUN ILUSTRE FÍSICO DEBERÁS ESCRIBIR. 


 Clica aquí para ver o cartel.


 

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 6º OBXECTIVO

O sexto reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coa química. Temos que investigar e averiguar como se chaman os aparellos do laboratorio para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!


 



 


 Os sextos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


 


 ·       QUÍMICA (DO 25 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO):


 


 INFANTIL: SE UN QUÍMICO QUERES CHEGAR A SER, O NOME DOS APARELLOS DE LABORATORIO TERÁS QUE COÑECER.


               Clica aquí para ver o cartel.


 



  •   QUÍMICA (DO 25 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO):

     


     PRIMARIA: SE UN QUÍMICO QUERES CHEGAR A SER, O NOME DOS APARELLOS DE LABORATORIO TERÁS QUE TRAER.


 Clica aquí para ver o cartel.


 

RADIO BERETIÑO: 2º PROGRAMA 4º B

O pasado mércores 20 de xaneiro o alumnado de 4º B emitiu o seu 2º programa de Radio Beretiño deste curso escolar. Foi un programa moi divertido e cheo de curiosidades. No apartado de curiosidades, faláronnos dunha descuberta marítima: o peixe máis veloz do mundo. Nas recomendacións musicais, puidemos escoitar unha divertida canción titulada "Rapas, rapas" de Xoán Curiel. No apartado de "Novas do cole" lembráronnos a encomenda do Beretiño para esta semana na que temos que convertirnos en meteorólogos e meteorólogas explicando a predición do tempo. Tamén tivemos recuncho literario e nesta ocasión por partida dobre. Alba Castro e Mara de 5º léronnos os seus escritos titulados: "Eu chámome Alba" e " A tráxica vida dun lapis". Foron fantásticos. Vaia escritoras que temos! Tamén nos propuxeron os diferentes concursos de infantil e primaria para que tiveron unha alta participación entre o alumnado. Fixérono fenomenal! Parabéns!

RADIO BERETIÑO:2º PROGRAMA 4º A

Xa temos de volta de novo á Radio Beretiño! O pasado martes 19 de xaneiro o alumnado de 4º A emitiu o seu primeiro programa deste ano 2016. Foi un programa cheo de novidades e de gran variedade. No apartado de curiosidades faláronnos sobre o estómago dos crocodilos. No apartado de "Novas do cole" anunciáronnos as actividades que se realizarán no día da Paz o vindeiro venres 29 de xaneiro. Tamén tivemos recomendación musical, nesta ocasión coñecimos a "Manola", unha simpática peixeira coa canción de María Fumaça. Tivemos tamén o Recuncho literario onde Elena de 5º, leu o seu escrito titulado: "Chámome Elena". Por último, propuxéronnos un novo reto cos concursos de infantil e primaria nos que participou todo o alumnado. Foi un programa fantástico. Parabéns!

 

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 5º OBXECTIVO

O quinto reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coa meteoroloxía. Témonos que preparar e observar ben o tempo para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!

 Os quintos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:

 ·       METEOROLOXÍA (DO 11AO 22 DE XANEIRO):

 INFANTIL: SE QUERES SER UN METEORÓLOGO EXPERTO, DEBERÁS FALARNOS DO TEMPO. 

               Clica aquí para ver o cartel.

  •   METEOROLOXÍA (DO 11AO 22 DE XANEIRO):

PRIMARIA: SE QUERES SER UN BO METEORÓLOGO, A PREDICIÓN DO TEMPO DEBERÁS CONTAR CUN MONÓLOGO. 

 Clica aquí para ver o cartel.

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 4º OBXECTIVO SUPERADO!

Hoxe venres 4de decembro, o Beretiño estivo con nós no seu laboratorio de "Galiciencia" selando os carnés do alumnado que participou e conseguiu superar o seu reto de MEDIO AMBENTE. Trouxeron moitas ideas para coidar o medio ambente. Nótase que están preparados para coidalo con responsabilidade. Noraboa!


Deixámosvos algunhas fotos da participación do alumnado.



A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 4º OBXECTIVO

Xa temos de volta ao Beretiño, co seu cuarto reto para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. 



 Os cuartos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


 ·       MEDIO AMBENTE (DO 23 DE NOVEMBRO AO 4 DE DECEMBRO):


 INFANTIL: SE ECOLOXISTA QUERES SER, NORMAS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE TERÁS QUE APRENDER. 


               Clica aquí para ver o cartel.



  •   MEDIO AMBENTE (DO 23 DE NOVEMBRO AO 4 DE DECEMBRO):

PRIMARIA: SE ECOLOXISTA QUERES SER, CINCO IDEAS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE TERÁS QUE TRAER. 


 Clica aquí para ver o cartel.



 


 

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 2º E 3º OBXECTIVO SUPERADOS!

Hoxe venres 20 de novembro, o Beretiño recibiunos no seu laboratorio de "Galiciencia" e procedeu a selar os carnés do alumnado que participou e conseguiu superar os seus retos de XEOLOXÍA  e ASTRONOMÍA. Deixámosvos algunhas fotos da participación do alumnado.










 

ENTREGA DE PREMIOS 1º PROGRAMA RADIO BERETIÑO 4º B

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado mércores 18 de novembro para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 1º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un estupendo programa. Noraboa aos premiados!


Deixamos unhas fotiños desta entrega.




ENTREGA DE PREMIOS 1º PROGRAMA RADIO BERETIÑO 4º A

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado martes 17 de novembro para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 1º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un programa fantástico. Noraboa!


Deixamos unhas fotiños desta entrega.




A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 3º OBXECTIVO

Xa temos de volta ao Beretiño, co seu terceiro reto para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia.



Os terceiros obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


·       ASTRONOMÍA (DO 9 AO 20 DE NOVEMBRO):


INFANTIL: PARA SER ASTRÓNOMO E SORRIR, UNHA CONSTELACIÓN  TERÁS QUE DESCUBRIR.


       Clica aquí para ver o cartel.


                 PRIMARIA: PARA SER ASTRÓNOMO E DISFRUTAR, UNHA CONSTELACIÓN  CO SEU NOME TERÁS QUE DEBUXAR.


        Clica aquí para ver o cartel.

CANCIÓN MAGOSTO 2015

Este ano aproveitando a participación das familias tan fantástica, elaboramos unha pequena montaxe coas manualidades feitas coas castañas e a canción que preparou o alumnado para o magosto, que agardamos que sexa do voso agrado.


Clicade na imaxe para poder vela.


RADIO BERETIÑO: 1º PROGRAMA DE 4º B

   O pasado mércores 28 de outubro, o alumnado de 4º B emitiu o seu 1º programa de Radio Beretiño deste curso. Nel anunciáronnos moitas novidades, curiosidades, música e concursos. Foi moi divertido. No apartado de curiosidades, contáronnos que as estrelas que vemos pode que non existan realmente. Nas recomendacións musicais, presentáronnos un tema do último disco de Serxio Tannus ("Alegría") que levaba por título: "O mosquito inaudito". Nas novas do cole, anunciaron a celebración do magosto e do samaín e, no recuncho literario, puidemos escoitar o relato de Laura, Gala e Alex titulado: "As cabazas malignas". Para rematar, plantexáronnos as preguntas correspondentes dos concursos de infantil e de primaria, que este ano están relacionadas coa ciencia. Foi todo un éxito e fixérono moi ben. Noraboa!

RADIO BERETIÑO: 1º PROGRAMA DE 4º A

   O pasado martes 27 de outubro, puidemos escoitar o primeiro programa de Radio Beretiño do alumnado de 4º A. Foi un programa cheo de novidades, música fantástica, relatos estupendos e un concurso que foi todo un éxito. Neste programa, contáronnos curiosidades como: Por que os paxaros non se electrocutan cando se pousan nun cable?, tamén puidemos escoitar unha das cancións de Paco Nogueiras (de "Brinca Vai") do seu último disco que se titula: "Cos pés na terra". No apartado de recuncho literario, puidemos escoitar a Paula de 6º lendo o seu relato: "A tráxica vida de Stinkle". Foi un relato fantástico. Que ben escriben en 6º! Para rematar o programa, puxeron en marcha os concursos de infantil e primaria nos que este ano van a poñer a proba os nosos coñecementos científicos.


Escoitádeo que seguro será do voso agrado!


Noraboa 4º A! Fixéchedelo fenomenal!

RADIO BERETIÑO ESTÁ DE VOLTA!

   Esta semana, imos ter de volta á Radio Beretiño. Un ano máis, estarán connosco con moitas novidades, música, concursos,...


   Este ano, os encargados de poñer en marcha este espazo radiofónico serán o alumnado de 4º A e 4º B, o que significa que imos ter dous programas de radio diferentes na mesma semana. Vaia luxo!


   Na semana que vai do 26 ao 30, teremos o martes 27 de outubro o 1º programa de 4º A e o mércores 28, o 1º programa de 4º B. Estade atentos que van a ser fantásticos, xa veredes!

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 2º OBXECTIVO.

Xa está de volta o Beretiño, co seu segundo reto para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia.


 Os segundos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


 ·         Xeoloxía (do 26 de outubro ao 6 de novembro):


 INFANTIL: Se queres ser xeólogo pase o que pase, deberás describir unha paisaxe.


 Clica aquí para ver o cartel.


 PRIMARIA: Se queres ser xeólogo pase o que pase, deberás describir unha paisaxe.


 Clica aquí para ver o cartel.

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 1º OBXECTIVO SUPERADO!

Hoxe venres 23 de outubro, o Beretiño recibiunos no seu laboratorio de "Galiciencia" e procedeu a selar os carnés do alumnado que participou e conseguiu superar o seu reto. Deixámosvos algunhas fotos da participación do alumnado.





A GALICIENCIA DO BERETIÑO

Como cada ano, está de volta o Beretiño, que nos anima a a falar e difundir o galego na nosa escola.


Durante o presente curso, cada nen@ terá una libreta co seguinte título: “A galiciencia do Beretiño”, con páxinas adicadas ás diferentes especialidades científicas: BIOLOXÍA, XEOLOXÍA, ASTRONOMÍA, MEDIO AMBIENTE, METEOROLOXÍA, QUÍMICA, FÍSICA E CIENCIAS DO MAR. A medida que @s nen@s vaian acadando os obxectivos propostos polo Beretiño, irán selando as distintas páxinas da libreta. Ao final do curso, o alumnado que acadase, polo menos, seis obxectivos, terá dereito ao Diploma final. Animádevos a participar!


Os primeiros obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


·         Bioloxía (do 13 ao 23 de outubro):


INFANTIL: Se un gran biólogo queres ser, cinco animais deberás coñecer.


Clica aquí para ver o cartel.


PRIMARIA: Se un gran biólogo queres ser, o nome e a imaxe de cinco animais e cinco árbores terás que traer.


Clica aquí para ver o cartel.

ENTREGA DIPLOMAS BERETIÑO 2015

Este ano, o Beretiño acudiu ás clases a repartir os diplomas para os que superaron os retos que nos propuxo ao longo do curso. Foron uns retos moi divertidos e houbo moita participación por parte do alumnado. Grazas a todos/as por participar e noraboa aos diplomados.


PROXECTOS ACTUAIS

DE INTERESE

 

 

 

 

 

  

Iniciar sesión