DÁLLE Á LÍNGUA

RADIO BERETIÑO 2018

Programa realizado polo alumnado de 4º de Primaria.

 

 

MURGAS

Disfrutade coas murgas que compuxeron e cantaron as/os alumnas/os do cole!!!

 

DESAFIOS DO BERETIÑO

Un pequeno resumo en imaxes dalgunhas das actividades do beretiño no cole.

 

REVISTA FOLERPAS CURSO 2016-17

XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA DESTE ANO PARA QUE A DISFRUTEDES.

AS MURGAS

ALUMNADO CANTANDO AS MURGAS PARA OS SEUS COMPAÑEIROS/AS

 

RADIO BERETIÑO: PROGRAMA DE 6º DE ED. INFANTIL

O pasado luns 13 de xuño, o alumnado de 6º de educación infantil emitiu o seu programa de radio onde nos propuxeron descubrir a uns personaxes moi interesantes que coñeceran durante o curso e dos cales nos foron dando unha serie de pistas para que puidesemos adiviñalos. Foi moi divertido!  Fixérono xenial!

RADIO BERETIÑO: PROGRAMA DE 1º

O pasado luns 6 de xuño, o alumnado de 1º de educación primaria emitiu o seu programa de radio onde nos presentaron a un grupo musical moi divertido e dinámico: o grupo "Faladeiros" que nos cantaron dúas cancións: "Adios ríos, Adios fontes" e "Eu quero ler" e no recuncho literario puidemos escoitar unha fantástica e interesante entrevista sobre a importancia da lectura . Foi moi interesante!  Fixérono xenial! Noraboa!

ENTREGA DE PREMIOS: 3º PROGRAMA DE 4º A

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado xoves 19 de maio para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 3º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un fantástico programa. Parabéns aos premiados!

 

Deixamos unhas fotiños desta entrega.

 

RADIO BERETIÑO: 3º PROGRAMA 4º A

O pasado xoves 5 de maioo alumnado de 4º A emitiu o seu 3º programa de Radio Beretiño deste curso escolar. Resultou un programa moi entretido e, como sempre, con moitas novidades. No apartado de curiosidades, faláronnos dunha nova descuberta astronómica: Un novo planeta parecido á Terra. Nas recomendacións musicais, puidemos escoitar unha divertida canción titulada "O Trasno" do cantante coruñés Pablo Díaz. No apartado de "Novas do cole" lembráronnos os seguintes programas de Radio Beretiño. Tamén tivemos recuncho literario cunha invitada moi especial: Isla de 4º B que nos leu o seu escrito titulado: "Extraterrestres no meu colexio" que resultou moi divertido e no que apareceron moitos personaxes coñecidos. Tamén nos propuxeron os diferentes concursos Galicientíficos de infantil e primaria con interesantes preguntas sobre animais e sobre o aire. A participación foi moi alta entre o alumnado e estamos impacientes por saber quenes serán os premiados. Fixérono xenial! Parabéns!

RADIO BERETIÑO: ENTREGA DE PREMIOS 3º PROGRAMA 4º B

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado mércores 27 de abril para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 3º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un fantástico programa. Parabéns aos premiados!

 

Deixamos unhas fotiños desta entrega.

 

RADIO BERETIÑO: 3º PROGRAMA 4º B

O pasado mércores 6 de abril o alumnado de 4º B emitiu o seu 3º programa de Radio Beretiño deste curso escolar. Foi un programa moi interesante e, como sempre, cheo de novidades. No apartado de curiosidades, faláronnos dun interesante animal: A mantis e de onde teñen o seu sentido do oído. Nas recomendacións musicais, puidemos escoitar unha divertida canción titulada "Quérote máis" do grupo ourensán "O sonoro Maxín". No apartado de "Novas do cole" lembráronnos a celebración do "Día do Libro" o vindeiro 23 de abril e as diferentes actividades que os distintos departamentos están preparando no colexio para esa data. Tamén tivemos recuncho literario cunha invitada especial: Ainara de 4º A que nos leu o seu escrito titulado: "Extraterrestres no meu colexio" que resultou moi divertido. Tamén nos propuxeron os diferentes concursos de infantil e primaria con interesantes preguntas sobre animais e sobre o aire. A participación foi moi alta entre o alumnado e estamos impacientes por saber quenes serán os premiados. Fixérono fantástico! Parabéns!

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 8º OBXECTIVO

O oitavo reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coas ciencias do mar. Temos que buscar información sobre cantigas mariñeiras e traelas ao colexio para compartilas cos compañeiros e compañeiras e poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!

  

   Os oitavos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:

   ·       CIENCIAS DO MAR(DO 29DE FEBREIRO AO 1 DE ABRIL):

    INFANTIL E PRIMARIAPARA DESCUBRIR AS CIENCIAS DO MAR, AS CANTIGAS MARIÑEIRAS DEBERÁS INVESTIGAR. 

                 Clica aquí para ver o cartel.

ENTREGA DE PREMIOS 2º PROGRAMA DE 4º B

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado mércores 17de febreiro para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 2º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un fantástico programa. Parabéns aos premiados!


 


Deixamos unhas fotiños desta entrega.




ENTREGA DE PREMIOS 2º PROGRAMA 4º A

A Radio Beretiño fixo unha nova conexión o pasado xoves 18 de febreiro para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu 2º concurso galicientífico do ano e entregar os premios na aula de música. Foi un estupendo programa. Noraboa aos premiados!


 


Deixamos unhas fotiños desta entrega.



A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 7º OBXECTIVO

 


O sétimo reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coa física. Temos que buscar información sobre personaxes importantes do mundo da física e escribir a súa biografía para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!


 


 


 


  Os sextos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


 


  ·       FÍSICA(DO 15 DE FEBREIRO AO 26 DE FEBREIRO):


 


  INFANTILSE A FÍSICA QUERES DESCUBRIR, A BIOGRAFÍA DUN ILUSTRE FÍSICO DEBERÁS DESCUBRIR.


 


               Clica aquí para ver o cartel.


 



  •   FÍSICA(DO 15 DE FEBREIRO AO 26 DE FEBREIRO):


     PRIMARIASE A FÍSICA QUERES DESCUBRIR, A BIOGRAFÍA DUN ILUSTRE FÍSICO DEBERÁS ESCRIBIR. 


 Clica aquí para ver o cartel.


 

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 6º OBXECTIVO

O sexto reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coa química. Temos que investigar e averiguar como se chaman os aparellos do laboratorio para poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!


 



 


 Os sextos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


 


 ·       QUÍMICA (DO 25 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO):


 


 INFANTIL: SE UN QUÍMICO QUERES CHEGAR A SER, O NOME DOS APARELLOS DE LABORATORIO TERÁS QUE COÑECER.


               Clica aquí para ver o cartel.


 



  •   QUÍMICA (DO 25 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO):

     


     PRIMARIA: SE UN QUÍMICO QUERES CHEGAR A SER, O NOME DOS APARELLOS DE LABORATORIO TERÁS QUE TRAER.


 Clica aquí para ver o cartel.


 

RADIO BERETIÑO: 2º PROGRAMA 4º B

O pasado mércores 20 de xaneiro o alumnado de 4º B emitiu o seu 2º programa de Radio Beretiño deste curso escolar. Foi un programa moi divertido e cheo de curiosidades. No apartado de curiosidades, faláronnos dunha descuberta marítima: o peixe máis veloz do mundo. Nas recomendacións musicais, puidemos escoitar unha divertida canción titulada "Rapas, rapas" de Xoán Curiel. No apartado de "Novas do cole" lembráronnos a encomenda do Beretiño para esta semana na que temos que convertirnos en meteorólogos e meteorólogas explicando a predición do tempo. Tamén tivemos recuncho literario e nesta ocasión por partida dobre. Alba Castro e Mara de 5º léronnos os seus escritos titulados: "Eu chámome Alba" e " A tráxica vida dun lapis". Foron fantásticos. Vaia escritoras que temos! Tamén nos propuxeron os diferentes concursos de infantil e primaria para que tiveron unha alta participación entre o alumnado. Fixérono fenomenal! Parabéns!

Iniciar sesión