Skip to Content

OS XOGOS POPULARES

O alumnado de tres anos e o alumnado de 5º de primaria disfrutou este anos dun magosto moi especial e entrañable.

 

O alumnado de 5º, os Mecanicambios, foi o anfitrión desta primeira ocasión de xogos populares e magosto para o alumnado de tres anos, a Cova dos Mamuts.

 

Os Mecanicambios tomaron esta tarefa moi en serio. Decidiron compoñer un Rap onde trataron de explicarlles aos mais pequen@s todo o que íamos facer ese día. Aquí tedes un vídeo ensaiando na súa clase.

 

Ademais agrupáronse por parellas ou tríos e confeccionaron tarxetas cos nomes para levar colgadas o día da celebración.

 

O xoves antes da festa, fixemos unha sesión conxunta as dúas clases na que cantaron o rap, explicáronlle cada xogo, regaláronlle as tarxetas e practicamos tod@s xunt@s o baile final.

 

 



page | by Dr. Radut