Skip to Content

SAÍDA MUSEO ILLAS ATLÁNTICAS-BOMBEIROS 1º E 2º

O pasado venres 11 de decembro o alumnado de 1º e 2º desprazouse ata o Casco Vello de Vigo para asistir ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas onde realizaron diversas actividades relacionadas coa paisaxe, a fauna e a flora das Illas Cíes, Sálvora, Cortegada e Ons. Coñeceron medidas para coidar o medio ambente e a Historia e evolución das diferentes illas. Foi moi divertido e realizaron obradoiros moi atractivos.


A media mañá desprazáronse ata o parque de bombeiros de Teis- Vigo, onde coñeceron a uns bombeiros que lles explicaron as diferentes actividades que realizan no seu día a día, ensináronlles o material que empregan e que levan nos seus vehículos e tiveron oportunidade de subirse a un coche de bombeiros e tirarse pola barra. Gustoulles moito! Tamén lles abriron as portas do seu ximnasio e fixéronlles unha demostración coas mangueiras e o descenso dun bombeiro con cordas desde unha zona moi elevada. Foi impresionante!


Deixamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasaron.








 


 





page | by Dr. Radut