FESTA DE NADAL 2015

O pasado venres 18 de decembro tivo lugar a festa de Nadal da ANPA "OS MUIÑOS" no pavillón do colexio. Os asistentes puideron participar en diferentes obradoiros: maquillaxe, globoflexia, debuxo e pintura, creación de chapas personalizadas,.. Ademais puideron gozar de boa música, bebida e comida que aportaron as familias e un estupendo chocolate quente con roscón que a ANPA regalou aos asistentes á festa. Foi todo un éxito! E para rematar, recibimos a visita dunhas personaxes moi especiais que puxeron un fin de festa fantástico e repartiron caramelos a todas e todos. Deixamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.





Iniciar sesión