Skip to Content

TÍTERES 2015: "ADIOS BIENVENIDA" (ALUMNADO DE 1º, 2º E 4º DE PRIMARIA)

O pasado mércores 27 de maio o alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria asistiron un ano máis ao Festival Internacional de Títeres organizado polo Concello de Redondela. Nesta ocasión, a obra elexida foi: "Adios Bienvenida" de Mimaia Teatro no Multiusos da Xunqueira en Redondela. A obra fala dos ciclos da vida, da necesidade de que as cousas rematen para que algo novo poda comezar. Todos os domingos, a mesa de Bienvenida énchese de mariñeiros e pescadores que van gozar das mellores sardiñas do porto. Unha grande mesa sen mantel, con cheiro a peixe, unha mesa na que se permite escribir como un grande libro aberto... Do mar á mesa, da mesa ao mar, a vida pasa nun ciclo continuo, coma o peixe que morde a cola. Foi unha obra fantástica e ao alumnado gustoulle moito. Pasárono moi ben e á saída relaxáronse un pouco nun parque próximo.


Á volta o alumnado de 1º e 2º aproveitou para facer unha parada no museo Meirande onde lles explicaron os acontecementos históricos que tiveron lugar na enseada de Rande e puideron comprobar de primeira man como eran os camarotes, os galeóns, as vestimentas, etc. que había naquela época. Foi unha experiencia estupenda.





page | by Dr. Radut