Skip to Content

Documentos descargables

DOCUMENTOS DESCARGABLES 23/24

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Xa está aberto o prazo de solicitude do transporte escolar para o noso centro.

Se premedes no enlace poderedes acceder ao documento que debedes presentar.

O prazo de solicitude abranguerá desde o 2 ao 30 de xuño, ambos inclusive.

Podedes entregala en administración en horario de 10:00 a 13:00 ou preferiblemente,  enviala ao correo ceip.alborada@edu.xunta.es

En setembro, antes de que comecen as clases, publicaremos un aviso para que poidades consultar o listado de beneficiarios no taboleiro de anuncios do centro.

A asignación e creación de novas paradas, como sabedes, non dependen de nós senón da Xunta e da empresa de transporte.

Documentos para a matrículación do novo alumnado

Agradeceriamos que as persoas que deban matricular aos seus fillos no CEIP Alborada se acheguen a facelo os días 1 e 2 de xullo entre as 10:00 e as 13:00.

Para matriculalos é preciso a seguinte documentación:

 

CAMBIO DE OPCIÓN

Dadas as actuais circunstancias non é posible facer chegar a tódalas familias a folla de actualización de datos como viñamos facendo cada ano a fin de curso, polo que dito formulario entregarásevos en setembro cando comecen as clases.

Nembargantes precisamos que comuniquedes ao centro se desexades cambiar o opción de relixión ou alternativa dos vosos pequenos/as.

Para isto dispoñedes dun formulario que podedes descargar aquí e, unha vez cuberto, remitir ao centro por email (escaneado ou fotografiado) ou, se non vos é posible, entregar na conserxería do mesmo.

 

Este trámite SÓ É PRECISO PARA AQUELES NENOS/AS QUE DESEXEN TER UNHA OPCIÓN DISTINTA Á DO ANO ANTERIOR.

 

 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

 

Hoxe martes 19 de maio publícase no DOG a Convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21.

 

Quén pode pedilas?

Poden solicitalas as familias (pais, nais e/ou titores) con fillos/as en Ed. Pimaria.

 

Canto dura o prazo?

O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño.

 

Como se presentan?

Tal e como indica a orde, e moi especialmente atendendo á pandemia que estamos a vivir, a solicitude debe presentarse preferentemente por vía telemática(preme para cubrir telemáticamente).

De non ser posible poderedes imprimilas (preme para cubrir e imprimir Anexo I  e preme para cubrir e imprimir ANEXO II ) e presentalas na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00

Autorización para a recollida de alumnos/as por parte de terceiros

Prema no enlace para ver o documento

Listado de material para os cursos de Ed. Primaria

Premede nos diferentes enlaces para poder ver as listas correspondentes:

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA 

Distribuir contido



by Dr. Radut