Skip to Content

Reestreamos a horta

No noso cole, pese a estar nunha zona moi urbanizada, queremos manternos en contacto coa natureza, por iso saímos a pasear pola contorna, visistamos os montes próximos, e por suposto coidamos do noso horto.

En anos anteriores poucas clases participaban da actividade na horta e a pandemia fixo que todo se botase a perder.

Este ano decidimos incidir moito no mantemento do mesmo, organizalo mellor e así poder desfrutalo moito máis.

Neste video podedes ver o proceso de transformación:


 

Este martes os pequenos e pequenas de 5 anos A, que xa plantaran en anos anteriores, estrearon a horta xunto a Laura e Antonioque nos ensinaron todos os seus segredos. Pouco a pouco foron uníndose outras aulas e moi pronto teremos as nosas colleitas ben grandes e fermosas.

Premede na imaxe para acceder á galería:

Por último, descubrimos moi sorprendidos que un espantallo feito de materiais de reciclaxe paseaba polo noso cole e visitaba a nosa horta, quen sabe, tal vez se a coidamos ben decida quedar a vivir canda nós.

 

 

AdxuntoTamaño
espantallo visita o cole.mp414.09 MB
Proceso da horta.mp415.52 MB



blog | by Dr. Radut