O teatro non desaparece pese á COVID
Nestes tempos tan raros faise difícil desfrutar de actividades colectivas como o teatro pero no Alborada sabemos que é importante para a formación dos nosos pequenos e pequenas realizar actividades complementarias que nos poñan en contacto coas diversas artes.
Desta vez optamos por ver teatro en streaming, é dicir, por ver teatro en directo a través da nosa pantalla xigante no aula.
A verdade é que foi unha experiencia ben interesante.