Casos de coronavirus no centro
- Temos agora mesmo algún caso de coronavirus no centro?
No cole polo momento houbo tres casos de coronavirus pero non foi necesario confinar a ningún outro pequeno agás os afectados directamente.
- Como nos enterariamos de que hai algún?
Se houbera algún caso de coronavirus no centro enviariamos un aviso a través do Abalar e a páxina web.
En caso de que estivesedes directamente afectados e debesedes gardar corentena, as autoridades sanitarias porianse en contacto con vós para indicarvos as medidas a adoptar.
Lembrade que tedes un fio no abalar relacionado co COVID a través do cal podedes comunicarvos cos vosos titores/as sempre que o precisedes.
- Que pasa se hai un caso de coronavirus nunha clase?
En canto nos notificades que hai un caso de coronavirus nun aula o centro pono en coñecemento das autoridades sanitarias para que estas determinen as medidas a tomar.
Con carácter xeral quedarían en corentena o rapaz ou rapaza afectado e os compañeiros/as que se sentan xusto ao seu arredor.
Se houbera máis dun caso podería determinarse que a clase enteira debe estar en corentena.
- Quen determina se os nosos fillos e fillas deben gardar corentena?
Quen decide se os pequenos/as debn gardar corentena son as autoridades sanitarias. O centro símplemente cumplirá as instrucción que estas lle indiquen.
- Que pasa co seguemento de proceso educativo durante a corentena?
Por suposto os nenos/as que deben estar en corentena seguirán o seu proceso educativo desde as casas.
Neste artigo tedes toda a información sobre as diversas posibilidades en función do tipo de corentena imposta.