AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

 

Hoxe martes 19 de maio publícase no DOG a Convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21.

 

Quén pode pedilas?

Poden solicitalas as familias (pais, nais e/ou titores) con fillos/as en Ed. Pimaria.

 

Canto dura o prazo?

O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño.

 

Como se presentan?

Tal e como indica a orde, e moi especialmente atendendo á pandemia que estamos a vivir, a solicitude debe presentarse preferentemente por vía telemática(preme para cubrir telemáticamente).

De non ser posible poderedes imprimilas (preme para cubrir e imprimir Anexo I  e preme para cubrir e imprimir ANEXO II ) e presentalas na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00

 

Se teño varios fillos no mesmo colexio debo presentar varias solicitudes?

Non, se tes varios fillos/as no noso centro, debes presentar unha única solicitude na que constarán todos eles/as agás no caso de que un dos fillos curse 5º ou 6º o ano vindeiro, nese caso debes presentar dúas.

 

Que documentos preciso?

Preme no enlace para ver a documentación necesaria

 

Que teño que facer se preciso entregar a solicitude no centro?

Trae a túa solicitude cuberta para non facer agardar ao resto de familias máis tempo do imprescindible.

Deberás agardar a quenda no exterior ata que te avise a conserxe, pois só pode acceder unha única persoa de cada vez.

Non esquezas traer a mascarilla.

Unha vez dentro debes respectar a distancia de seguridade e seguir as instruccións da administrativo.

 

En caso de que haxa agardando máis persoas das que podan ser atendidas durante a mañá, as que resten serán citadas para o día seguinte.

 

 

 

AdxuntoTamaño
libros texto.jpg25.46 KB
solicitude 2020.pdf1.63 MB
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO.pdf723.07 KB
( categories: )