Skip to Content

O NOSO PEQUENO ESPECTÁCULO DE NADAL

Xa se achega o Nadal e este ano quixeramos compartir con vós as actuacións que os pequenos e pequenas están preparando canda os seus mestres/as.

Ditas actuacións terán lugar nos seguintes días:

DIA CURSOS HORARIO DE ACCESO DAS FAMILIAS AO CENTRO
17

Infantil 3 anos

Infantil 4 anos

Infantil 5 anos

9:20

10:30

12:30

18

1º de Primaria

2º de Primaria

3º de primaria

 

9:20

10:30

12:30

 

19

4º de Primaria

5º de Primaria

6º de primaria

 

9:20

10:30

12:30

 

 

Pregamos teñades en conta que:

  • O noso salón de actos é moi pequeniño polo que non podemos dar libre acceso a todo o mundo. Por ese motivo recibiredes dúas entradas por fillo/a que deberedes traer cando querades acceder ao centro, así confiamos en poder coller todos/as con certa comodidade.
  • Finalizada a actuación correspondente ao curso dos vosos pequenos/as deberedes abandonar o salón para que podan entrar as seguintes familias.
  • A entrada farase pola porta que ten as rexas, a mesma pola que recolledes ou entregades aos nenos/as fora das horas habituais de acceso e a saída pola porta de primaria (A vermella metálica que está á dereita da fachada ), así non vos xuntaredes nas escaleiras as persoas que entrades e as que saídes.
  • Os horarios que se facilitan na táboa son os de acceso das familias ao centro, os pequenos/as comezarán as actuacións uns minutos máis tarde, toda vez que estedes acomodados e eles/as estén preparados.

Tede presente que non todos poderemos estar sentados, apelamos pois á vosa comprensión e  ao voso civismo.

Esperamos que esta organización permita que todos podamos desfrutar dun ratiño agradable.

As horas son aproximadas (tede en conta que se trata de nenos/as polo que non podemos garantir con exactitude a hora de comezo e finalización)

AdxuntoTamaño
nadal.jpeg12.9 KB



blog | by Dr. Radut