Aquel neno ou aquela nena que consegue ser un comensal 4S (saudable, solidario, silencioso e sorrinte) convértese cada día no “rei" ou na “raíña da mesa”.
A estes nenos facémoslle una foto coa súa coroa e expómola no taboleiro dos “Reis da mesa”, situado á entrada do comedor. Ao pasar uns días esta foto irá para as casas co fin de que as familias coñezan e valoren o esforzo dos cativos e os obxectivos acadados.
Actividades dun comedor 6S
REI/RAÍÑA DA MESA
PROTAGONISTA DA SEMANA
Con esta actividade queremos valorar o esforzo semanal daqueles nenos/as que acadaron un novo obxectivo e que xa está consolidado (comer o peixe, comer a froita, controlar o ton de voz…)
A estes nenos facémoslle unha foto coa nosa mascota “mazaciña silenciosa” e colocámola durante a semana seguinte no taboleiro de “protagonistas”, situado no interior do comedor, explicando o motivo polo que se converteron en protagonistas semanais.
Logo levan a foto para que as familias poidan darlles a noraboa, e nos axuden a fomentar os valores educativos do Comedor 4S.
MARCADOR 4S
Cada colaborador, ao comezo de curso, escolle un símbolo que identifica o seu grupo ao longo de todo o ano. Este símbolo é un alimento saudable (peixe, amorodos, carne, leite...) que colocamos nun taboleiro que chamamos "marcador".
Ao rematar o xantar cada colaborador puntúa o seu grupo, tendo en conta os 5 obxectivos básicos: entrar e saír en orde, falar cun ton de voz moderado, comer todo, empregar “grazas” e “por favor” cando necesitan pedir algo e axudarlle aos máis cativos. A puntuación máxima será un cinco para aqueles grupos que acadaron todos os obxectivos.
Ao final do mes facemos o reconto de puntos e o grupo gañador será o "Grupo 4S" do mes.
A MASCOTA VIAXEIRA
Diariamente a nosa mascota visita os fogares dos nenos 4S (saudables, solidarios, silenciosos e sorrintes) para celebrar coas súas familias os logros acadados polos cativos.
O RELOXO SILENCIOSO
No Comedor 4S temos un tempo para falar e un tempo para escoitar.
Na primeira media hora os nenos poden falar mantendo un ton de voz adecuado, a partir das 15:00 h temos que escoitar para que os nosos colaboradores poidan avaliar a cada grupo, e comentar os aspectos nos que temos que mellorar para o día seguinte.
Ás 15:00 h unha das nosas colaboradoras viste o disfrace de “reloxo silencioso” e vai por todas as mesas buscando o grupo 4S (saudable, solidario, silencioso e sorrinte). Un dos membros dese grupo será o “cativo reloxo silencioso”. Este neno terá que vestir o seu disfrace e ir visitando todas as mesas, para lembrarlles aos compañeiros que teñen que estar en silencio mentres os colaboradores puntúan a cada grupo. Este neno será premiado cun pin saudable.
ADIVIÑA, ADIVIÑANDO
Todos os meses temos unha adiviña á que os nenos lle terán que buscar solución. A solución sempre será un dos alimentos saudables que comemos no Comedor 4S. O gañador levará un xogo no que estará representado este alimento.
MEDALLAS SAUDABLES
Cando os nenos chegan a probar algún prato que antes rexeitaban, fáiselle entrega dunha "medalla saudable" na que especificamos o motivo polo que se lle deu este premio, para que as familias nos axuden ao chegar a casa, dándolle parabéns por este logro e así entre todos conseguir que este produto se incorpore á súa dieta.