Admisión e matrícula

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2019-20

Recordamos ás familias de todos os alumnos e alumnas de nova admisión que do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula. 

Poden recoller a información de toda a documentación a presentar e os diferentes impresos na secretaría do centro ou descargalos premendo na seguinte imaxe. 

 

MATRÍCULA 2019-2020

Premede na imaxe seguinte para visualizar a lista definitiva de admitidos para o vindeiro curso escolar 2019/20:

Recordade que do 20 ao 30 de xuño é o prazo para a formalización da matrícula para todos os que foron admitidos.

MATRÍCULA 2019-2020

Premede na imaxe para consultar a lista provisional de admitidos para o vindeiro curso 2019-20. 

Recordamos:

Prazo de reclamacións das listaxes provisionais:  cinco días hábiles posteriores á publicación das mesmas- do 25 de abril ao 02 de maio.

Publicación definitiva das listaxes de admitidos e excluídos:  14 de maio.

Prazo de formalización da matrícula:   do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2019-20

                                                                

(Facede clic na imaxe para acceder a toda a información)

  

CALENDARIO-RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Presentación de solicitudes de admisión  do 01 ao 20 de marzo 
Publicación da lista provisional de admitidos e non      admitidos  24 de abril 
Prazo de reclamación  do 25 de abril ao 02 de maio 
Publicación da lista definitiva de admitidos e non         admitidos 14 de maio 
Prazo de formalización da matrícula  do 20 ao 30 de xuño 

 Nos seguintes enlaces podedes descargar a normativa que regula o proceso de admisión e matrícula: 

 Decreto 254/2012 polo que se regula a admisión do alumnado
 Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o Decreto 254/2012
 Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de                    marzo de 2013
 Zonas de influencia do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez 

A documentación a presentar para as solicitudes de admisión é a seguinte:

Impreso de solicitude de admisión (ED550B)           

Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de primaria).
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso. 
Cuestionario sobre lingua materna (só alumnado de 4º de infantil (3 anos))

* A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Comezado o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2019-20 coa reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria no instituto ao que está adscrito o noso centro. O vindeiro 1 de marzo abrirase o plazo para o novo alumnado que desexe cursar os seus estudos no noso colexio. Para que podades coñecernos mellor, as nosas instalacións, os proxectos que levamos a cabo, o servizo de comedor e transporte escolar, as actividades complementarias e extraescolares e podades preguntar e consultar calquera dúbida que teñades, invitámosvos a acudir ao centro o vindeiro martes, 19 de febreiro ás 18:00 horas. ESPERÁMOSVOS!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES EDUARDO BLANCO AMOR

Como xa sabedes, dende o pasado curso, o IES EDUARDO BLANCO AMOR é o instituto ao que está adscrito o noso centro, é dicir, é o instituto que lles corresponde por zona aos alumnos e alumnas que rematan 6º de primaria no noso colexio.

Para que todos podades coñecer as súas instalacións, o seu plan de estudos, proxectos, actividades... dende o citado instituto, o seu director invítavos a unha xornada de portas abertas o vindeiro 13 de febreiro ás 20:00 horas. Todos os pais, nais e/ou titores legais dos rapaces e rapazas de 6º de primaria estades invitados a asistir.

 

 E recordade que o vindeiro 15 de febreiro remata o prazo para facer a reserva de admisión se queredes que os vovos fillos e fillas continúen os seus estudos de secundaria no IES E. BLANCO AMOR. 

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2019-20

 Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2019-20 coa reserva de praza nos centros de adscrición.

Do 1 ao 15 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de primaria que desexen continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), deben presentar, ben na secretaría do centro, ben de forma electrónica, o impreso de solicitude de reserva de praza. 

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información e descargar o impreso de solicitude de reserva:

- Información sobre a reserva de praza

- Impreso de solicitude 

- Enlace á páxina web da Consellería de Educación

 

MATRÍCULA CURSO 2018-19

Premede na seguinte imaxe para acceder á lista definitiva de admitidos para o vindeiro curso 2018-19. Recordamos a todos que do 20 ao 30 de xuño tedes que pasar polo centro para formalizar a matrícula.

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2018-19

Unha vez finalizado o prazo de solicitude de reserva de praza para 1º de ESO no instituto ao que está adscrito o noso centro, que como xa sabedes a partir deste curso é o IES EDUARDO BLANCO AMOR, o citado instituto acaba de publicar as  listas de admitidos. Todos os alumnos do noso centro de 6º de primaria que solicitaron a reserva para este instituto resultaron admitidos. 

No seguinte enlace podedes consultar a lista:

 

LISTA  DE ADMITIDOS 1º ESO NO IES EDUARDO BLANCO AMOR 

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2018-19

Do 01 ao 15 de febreiro permanecerá aberto o prazo para realizar a solicitude de reserva para o alumnado de 6º de primaria que cursará estudos de 1º da ESO no IES EDUARDO BLANCO AMOR o vindeiro curso 2018-2019: 

Premendo na imaxe podedes descargar máis información:

No seguinte enlace tamén podedes descargar o impreso de solicitude:

 

- Impreso de solicitude 

 

RECORDAR A TODAS AS FAMILIAS QUE O VINDEIRO MARTES, 6 DE FEBREIRO, ÁS 10:30 H. HABERÁ UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO  IES "EDUARDO BLANCO AMOR" Á QUE ESTÁN TODAS AS FAMILIAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º CONVIDADOS A ASISTIR. Para facilitar o traslado, sairá un autobús do centro ás 10:00 h. para os alumnos e para os familiares que queiran acompañalos.  

Powered by Drupal - Design by artinet