Transporte escolar

TRANSPORTE ESCOLAR 2017-18

Resumo da Instrución conxunta 9/2017 da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída de alumnos escolarizados en centros educativos públicos ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar:

 

 1.- RECOMENDACIÓNS APLICABLES AO ALUMNADO DE ENSINANZA INFANTIL, DE EDUCACIÓN ESPECIAL, E DOS CATRO PRIMEIROS ANOS DE ENSINANZA PRIMARIA:

1.1- Recollida ao rematar as clases lectivas, actividades extraescolares e excursións ou visitas culturais.

- Os alumnos serán recollidos nas instalacións do centro polas persoas identificadas como os seus responsables no horario fixo habitual de remate da xornada escolar ou no fixado nas comunicacións correspondentes a eventos concretos (saídas, excursións...)

- As persoas responsables dos alumnos/as  poderán autorizar formal e expresamente a outro adulto ou a un irmán ou irmá que curse 5º ou 6º de primaria, educación secundaria, formación profesional ou bacharelato, a recoller ao pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa no centro.

- No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentencia xudicial, convenio regulador ou acordo provisional, que terán que presentar no centro. 

- Os alumnos permanecerán custodiados no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial a partir do horario de recollida fixado. A estes efectos os responsables terán a obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir. Se transcurrido o tempo de demora non se presentan no centro, chamarase aos responsables dos pequenos e de non contactarse con eles, poderá determinarse a condución dos menores ás dependencias da Policía Municipal ou da Garda Civil.

- En todo caso, os escolares non poderán ausentarse do centro antes da hora prevista para as distintas saídas, agás que os seus responsables así o comuniquen de xeito motivado no centro, e recollan ao alumnado eles mesmos ou persoas autorizadas.

 1.2- Recollida nas paradas do transporte escolar. 

- Os alumnos deberán ser recollidos nas paradas polas  persoas responsables os cales comunicarán ao centro os seus teléfonos de contacto os cales serán achegados aos acompañantes do transporte.

- As persoas responsables dos alumnos poderán autorizar a outros adultos ou irmás ou irmáns dos alumnos do niveis educativos  mencionados para recollelos na parada correspondente. Para iso terán que entregar no centro as autorizacións onde consten os nomes, apelidos e  DNIs dos autorizados. O colexio fará chegar ditas autorizacións aos acompañantes do transporte. 

- Os autobuses esperarán nas paradas o tempo necesario para a recollida dos escolares, que, en todo caso, non excederá de 5 minutos, tras do cal, continuarán co seu itinerario habitual, levando consigo aos escolares non recollidos.

 - No suposto de alumnos non recollidos nas paradas correspondentes, os acompañantes do transporte chamarán aos teléfonos facilitados polas familias dos nenos para que acudan ás seguintes paradas da ruta ou ben recollan aos alumnos nas dependencias da empresa, onde permanecerán custodiados polos acompañantes ata a hora do peche, tras do cal, senón son recollidos, serán levados polos responsables do transporte ás dependencias da Policía Municipal ou da Garda Civil.

Modelo de autorización:

 - Autorización para a recollida dos alumnos/as  ao finalizar a xornada escolar no centro  ou  na parada correspondiente do transporte escolar

 

2.- RECOMENDACIÓNS APLICABLES AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE ENSINANZA PRIMARIA, ENSINANZA SECUNDARIA, FORMACIÓN PROFESIONAL E BACHARELATO 

2.1- Recollida ao rematar as clases lectivas, actividades extraescolares e excursións ou visitas culturais.

- Os alumnos poderán saír no horario previsto sós do colexio, sempre que os seus pais, nais, titores legais, acolledores familiares  e proxenitores separados ou divorciados con garda e custodia ao seu favor, presenten ante a dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares. 

- Igualmente estes alumnos poderán ser recollidos no colexio polas persoas responsables ou polas que estos autoricen (igual que no caso do alumnado de infantil e dos catro primeiros cursos de primaria).

2.2- Recollida na parada do transporte escolar.

- Os escolares poderán baixar sós nas paradas do transporte escolar establecidas, sempre que os seus responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares. O colexio fará chegar ditas autorizacións ás empresas de transporte. 

- Igualmente poderán ser recollidos na parada do transporte escolar que lle corrresponda polos seus responsables ou polas persoas que estos autoricen (igual que no caso do alumnado de infantil e dos catro primeiros cursos de primaria). Sendo ditas autorizacións (cos datos das persoas autorizadas) achegadas aos acompañantes do transporte. 

Modelo de autorización:

- Autorización para que o alumnado de 5º e 6º de primaria poda saír só do centro ao finalizar a xornada escolar (ou as actividades extraescolares ou a volta de excursións e visitas culturais) ou que poda baixar só na parada do transporte escolar ao chegar a ela. 

NORMATIVA

O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR ESTÁ REGULADO POLA SEGUINTE NORMATIVA:

- Decreto 203/1986, do 12 de xuño (DOG  9-7-1986).

- Decreto 160/1988 (DOG  27-6-1988).

- Orde do 1 de marzo de 1991 (DOG  14-3-1991).

- Orde do 29 de xullo de1988 (DOG  1-9-1988).

- Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG  16-3-2007).

-  Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG 19-3-2007).

- Instrución 6/2017 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2017/2018.

MODELO DE SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN USO DO TRANSPORTE ESCOLAR GRATUÍTO PARA O ALUMNADO ESCOLARIZADO FÓRA DA ZONA DE INFLUENCIA QUE LLE CORRESPONDE   (preme na imaxe para descargalo)

 

NORMAS DE USO TRANSPORTE ESCOLAR


  • Todos os usuarios deberán permanecer sentados/as durante o traxecto.
  • Cada alumno/a ocupará un asento, que será sempre o mesmo, sendo responsable dos danos que ocasione no autobús.
  • Para acceder ó autobús, este deberá estar totalmente parado, igualmente para levantarnos do asento para baixar.
  • Deben      subir e baixar sempre na parada que teñen asignada. Excepcionalmente poderán subir ou baixar noutra, sempre coa autorización da Xefatura Territorial de Educación e  logo de ser solicitado o cambio.
  • O transporte escolar é un servizo de caracter educativo, no que debemos comportarnos con respecto, atendendo ás indicacións da persoa  acompañante.
  • Calquera incidencia grave debe ser comunicada polo conductor ou acompañante ao Centro.
  • Calquera falta cometida no autobús ten a mesma consideración que as cometidas no colexio.
  • Débese gardar unha compostura de respecto, non provocando alborotos que poidan distraer a atención do/a conductor/a.
  • As relacións co/a conductor/a e persoal acompañante serán de respecto mútuo entre todas as persoas.

LIÑAS TRANSPORTE

Estas son as cinco rutas que seguen as nosas liñas de transporte. Preme en cada imaxe para ver as diferentes paradas.

LIÑAS DE AUTOBUSES

1- LIÑA AZUL 

2-LIÑA AMARELA

3- LIÑA VERMELLA

 4- LIÑA  BRANCA

 5- LIÑA VERDE

   

 

Powered by Drupal - Design by artinet