Novas ANPA

MAIOS 2017

Por iniciativa da ANPA, este ano participamos na tradicional festa dos MAIOS que se celebrou na cidade de Ourense o pasado domingo, 7 de maio.

Nais e pais da asociación realizaron un primeiro maio na categoría de "maio artístico": "A BARQUIÑA". Na categoría de "maio tradicional" realizaron outro no que colaboraron os nenos e nenas da ECOPATRULLA: "O PIRULIÑO DAS ECOMAÑÁS". 

Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou nas aulas as tradicionais coplas que acompañan os maios e que fan referencia aos acontecementos do ano.  

 

Ao longo da xornada, nenos e nenas do cole acompañados polas súas familias acudiron a ver os maios do cole e colaboraron no canto das coplas:

 

Na edición impresa do xornal LA REGIÓN do luns 8 de maio, nunha reportaxe sobre a celebración dos maios, como non, aparecen as fotografías dos dous maios.

 

Tamén no blog do proxecto de VOZ NATURA deste curso "Reciclamos lixo co mellor sorriso" podedes ver máis imaxes e información sobre esta actividade.Premede no seguinte enlace: 

 - FIXEMOS OS NOSOS MAIOS 

ESCOLA DE NAIS/PAIS 2017

Unha vez máis, facémonos eco dunha nova enviada pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense para difundila entre os membros da nosa comunidade educativa (pais, nais, ANPA e docentes). Trátase da continuación dos obradoiros da Escola de Nais e Pais xa realizados en cursos anteriores.

O fin destes obradoiros é o de "apoiar a nais, pais e educadores no proceso evolutivo e madurativo dos seus fillos tentando fortalecer o seu papel referencial e potenciar a comunicación e as habilidades sociais para favorecer unha boa autonomía e unha personalidade eficaz e axeitada para a adaptación social".

Son tres os obradoiros que se realizarán nesta campaña, que abrangue dende xaneiro ata maio:

1- As emocións na familia

2- A sobreprotección e as súas consecuencias

3- Da preocupación á ocupación 

Pode solicitarse a participación nos tres obradoiros ou nalgún deles. A inscrición nos mesmos é gratuíta.O teléfono de consultas é o 988510622.

Máis información no documento adxunto:

XORNADAS: A SOBREPROTECCIÓN FAMILIAR

Facémonos eco tamén doutra actividade da que nos informa a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense para que difundamos entre todos os pais/nais e profesorado.

Os vindeiros 25 e 26 de outubro, no Auditorio Municipal, celebraranse unhas xornadas sobre a sobreprotección familiar e as súas consecuencias dirixidas a pais/nais, profesores/as e axentes educadores do Concello. Podedes consultar toda a información no cartel e no tríptico das xornadas:

 

 

ACTIVIDADES PARA NENOS/AS NOS CENTROS CÍVICOS - CURSO 2016-17

Facémonos eco dunha nova enviada polo Concello de Ourense para a súa difusión entre todo o alumnado e as familias. Un ano máis os Servizos Sociais do Concello ofertan unha serie de actividades para nenos e nenas que se realizarán nos Centros Cívicos que o Concello ten repartidos pola nosa cidade. Reproducimos a continuación o comunicado:

"Como cada ano os Centros Cívicos que dependen da Concellería de Asuntos Socias do Concello de Ourense  abren o prazo para a inscrición nas Actividades para nenos e nenas de Infantil e Primaria (este ano inclúese Secundaria nalgunha das propostas). O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico. A Concellería de Asuntos Sociais tamén pretende que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar.

O prazo de inscrición comenzará o día 26 de setembro de 2016. Hai que recoller as solicitudes nos centros cívicos ou na Oficina de Atención Cidadá (Tlfno: 988 392 909) e entregalas no Rexistro Xeral do Concello."

Premendo nas imaxes accedes á solicitude que tedes que cubrir e entregar para poder inscribir nas actividades aos vosos fillos/as nun dos dous centros cívicos que están ubicados na nosa zona: o centro A Ponte e o centro As Termas:

 

CENTRO CÍVICO AS TERMAS  CENTRO CÍVICO A PONTE 

Na seguinte ficha adxunta podedes consultar cales son as actividades que se van realizar en cada un dos centros:

 

ACTIVIDADES NOS CENTROS CÍVICOS 2016-17

 

 

INICIO DE CURSO 2016-17

 

INFORMAMOS DAS ÚLTIMAS NOVAS COMUNICADAS POLA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CENTRO (ANPA)

SOCIOS

Xa está aberto o prazo para facerse socio da ANPA. A cuota é de 20 euros por familia e ano. 

No seguinte enlace poden descargar a ficha de inscrición: 

 

    Ficha inscrición socios 

SERVIZO DE "ATENCIÓN MATINAL"  Este curso xa está en marcha o servizo de atención matinal dende as 07:30 ata as 9:30 (hora de entrada ao centro). O custe é de 39,50 euros ao mes por neno/a (inclúe o almorzo). 
SERVIZO DE "ATENCIÓN AO ALUMNADO DE INFANTIL NO HORARIO ESCOLAR" Está pendente de confirmación este servizo. A cuota pode variar de 4 a 10 euros por mes segundo o número de familias inscritas. 
REUNIÓN ANPA No salón de actos do centro, o vindeiro venres, 23 de setembro ás 19:30, celebrarase a primeira reunión do presente curso escolar 2016/17. Nela exporanse as actividades extraescolares, os próximos proxectos e renovaranse os cargos da xunta directiva.

OCIO EN FAMILIA

Facémonos eco do programa OCIO EN FAMILIA  que está a levar a cabo o Concello de Ourense e que vai destinado ás familias con fillos entre 4 e 14 anos. Coa finalidade de ofrecer un tempo de ocio en común ás familias, sá, alternativo e divertido, o programa inclúe cinco actividades distintas: 

1- Andaina sen fume

2- Mira Ourense con outros ollos

3- Xogos para compartir 

4- Auga e ruta termal 0

5- A luz da lúa 

Todas as actividades son gratuítas, as familias interesadas só teñen que inscribirse antes do 27 de abril na Rúa da Concordia, Nº 20 - entrechán. Tamén podedes solicitar máis información no número de teléfono 988510622

Para saber máis sobre esta iniciativa podedes ler o seguinte documento:

 

 (Despraza a barra lateral para visualizar todas as follas do documento) 

MERCADILLO SOLIDARIO 2015/2016

O próximo sábado, 12 de decembro, A ANPA do centro invítanos un ano máis a celebrar unha nova edición do seu mercado solidario. Coma sempre haberá variedade de postos con venda de produtos artesanais, doces, xoguetes, roupa, obxectos de 2ª man ... tamén se recollerá comida, roupa, xoguetes...  destinados á "operación quilo". 

 

 

Coma sempre esperamos contar coa colaboración de todos!!

RAPACIÑ@S: A TECNOLOXÍA BEN SEGURA

Facémonos aqui eco dunha actividade convocada para nais e pais de Ourense. O vindeiro xoves 22 de outubro ás 18:30 terá lugar no Centro Cívico da Ponte o evento chamado "Rapaciñ@s a tecnoloxía ben segura".
Trátase dunha actividade divulgativa organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, coa colaboración da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Concello de Ourense que pretende mostrar a nais e pais as normas e límites dun uso seguro de Internet, pero sen deixar de poñer tamén de manifesto os valores e oportunidades que ofrece a esfera dixital.
 
A iniciativa consiste nunha charla dirixida a nais e pais na que se realizará unha análise do uso que fan os menores de Internet, ofrecendo instrumentos de apoio ás familias para previr riscos.
 
Ao mesmo tempo, nunha sala contigua, celebrarase un obradoiro dirixido a menores de entre 8 e 14 anos no que poderán realizar actividades relacionadas coas novas tecnoloxías combinando o aspecto lúdico co didáctico.
 
 (Facendo clic na imaxe tedes máis información sobre esta actividade que vos recomenda a ANPA do centro)
 

MERCADO SOLIDARIO

Este domingo, 19 de abril, a ANPA do centro celebra unha nova edición do seu mercado solidario.

Unha vez máis animámosvos a asistir. Ademais de pasar unha xornada divertida en compañía doutros membros da comunidade escolar, podedes mercar algún obxecto artesanal, algún postre caseiro, roupa... a uns prezos moi especiais, ao mesmo tempo que colaborades nunha causa solidaria.

Xa sabedes que haberá "hinchables" e xogos para os nenos/as.

A ANPA destinará parte do recaudado á OPERACIÓN QUILO... NO COLE, a financiar actividades e excursións para o alumnado do centro...

Unha vez máis...

CONTAMOS

CONVOSCO!!!!

 

 

ACOLLIDA TEMPERÁ

Informar a todas as familias da posibilidade de poderse acoller no próximo curso 2015/2016 ao programa de ACOLLIDA TEMPERÁ (atención ao alumnado antes do inicio da actividade lectiva nun horario entre as 7:30 h ou 8:00 h e as 9:30 h). A ANPA do centro está realizando os trámites necesarios para o establecemento deste servizo. A súa implantación depende do número de alumnos/-as inscritos (é preciso un mínimo de 15 alumnos/-as). A acollida temperá integra tamén un servizo de almorzo saudable e o custo total sería de 39,50 €/mes

Os/as alumnos/-as inscritos neste servizo de acollida/almorzo saudable poderán ter unha subvención do Concello de Ourense de 9,00 €/mes.

 Toda familia que estea interesada pode poñerse en contacto coa ANPA ou a secretaría do centro e cubrir o cadro de inscrición que poden descargar no seguinte enlace:

 Formulario de inscrición

Powered by Drupal - Design by artinet