Novas ANPA

ACOLLIDA TEMPERÁ

Informar a todas as familias da posibilidade de poderse acoller no próximo curso 2015/2016 ao programa de ACOLLIDA TEMPERÁ (atención ao alumnado antes do inicio da actividade lectiva nun horario entre as 7:30 h ou 8:00 h e as 9:30 h). A ANPA do centro está realizando os trámites necesarios para o establecemento deste servizo. A súa implantación depende do número de alumnos/-as inscritos (é preciso un mínimo de 15 alumnos/-as). A acollida temperá integra tamén un servizo de almorzo saudable e o custo total sería de 39,50 €/mes

Os/as alumnos/-as inscritos neste servizo de acollida/almorzo saudable poderán ter unha subvención do Concello de Ourense de 9,00 €/mes.

 Toda familia que estea interesada pode poñerse en contacto coa ANPA ou a secretaría do centro e cubrir o cadro de inscrición que poden descargar no seguinte enlace:

 Formulario de inscrición

MERCADO SOLIDARIO

Este domingo, 14 de decembro, a ANPA do noso centro celebra unha nova edición do seu mercado solidario no patio do colexio. O horario do mesmo será dende as 11:00 h ata as 18:00 h. Coma noutras edicións haberá venda de produtos de diverso tipo: bisutería, obxectos de decoración, alimentos de elaboración caseira, produtos artesanais, obxectos de segunda man... . Haberá "hinchables" para que se divirtan os máis pequenos e xantar con menús especiais a prezos asequibles. Os beneficios da venda de comidas e bebidas irán destinados á organización da excursión de final de curso dos alumnos/as de 6º de primaria que colaboran con esta venda.  

Ademais haberá dous postos especiais de recollida de tapóns solidarios para axudar a dous nenos:  ALISTAIR E EDGAR. Esperamos contar coa vosa colaboración nesta causa solidaria.

TAMÉN SE RECOLLERÁN XOGUETES, ROUPA E ALIMENTOS DESTINADOS AO  BANCO SOLIDARIO QUE MANTÉN A ANPA EN COLABORACIÓN CO CENTRO.

ACHÉGASE O NADAL, ÉPOCA ESPECIAL PARA PENSAR NOS DEMAIS E SER UN POUCO MÁIS SOLIDARIOS. 

ACHÉGATE TI TAMÉN O DOMINGO 14 DE DECEMBRO ATA O CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ E COLABORA COAS NOSAS CAUSAS SOLIDARIAS. 

E SE NON PODES VIR O DOMINGO E QUERES CONTRIBUÍR AO BANCO SOLIDARIO DE XOGUETES, ROUPA, ALIMENTOS E/OU TAPÓNS, PODES ENTREGAR A TÚA DONACIÓN NO PROPIO CENTRO EN HORARIO DE 9:00 A 16:30. 

DE ANTEMÁN, GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E EN NOME DA ANPA DESEXÁMOSVOS...

  BO NADAL A TODOS!!

MERCADO SOLIDARIO

Como xa anunciamos en días pasados, a ANPA do noso centro celebrou o 26 de outubro, nas instalacións do colexio, unha nova edición do seu mercado solidario. Dende aquí a directiva da ANPA quere dar as grazas, tanto aos que acudiron cos seus produtos para poñelos a venda e contribuír ao banco de alimentos do centro, coma aos que se achegaron para disfrutar xuntos deste día, coa celebración dun xantar solidario, e se animaron a facer algunha compra. Tamén quere recordarvos, sobre todo aos que non puidesen asistir, que o vindeiro 14 de decembro celebrarase outra edición do mercado solidario e coma daquela xa estará preto a festa do NADAL, teredes unha boa ocasión de comprar produtos solidarios como agasallos para Papa Noel, Reis Magos...

Na seguinte presentación tedes unha mostra dos postos e produtos do mercado.

 

MERCADO SOLIDARIO

 

UN ANOIS A ANPA DO CENTRO CELEBRA O SEU MERCADO SOLIDARIO. DEBIDO AO ÉXITO DE ANOS ANTERIORES, ESTE CURSO  REALIZARÁN TRES EDICIÓNS DO MESMO. NO CARTEL ADXUNTO TEDES TODA A INFORMACIÓN.

 

 

ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA E COLABORACIÓN!! 

 

 

 

(Preme no cartel para velo a maior tamaño)

EXCURSIÓN A MARCELLE

O vindeiro xoves, 29 de maio, os alumnos/as de 5º e 6º de primaria realizarán unha saída didáctica ao parque "Marcelle Natureza" (Outeiro de Rei- Lugo), actividade programada polo colexio en colaboración coa ANPA - Casardomato. Ademais esta visita completarase cunha parada na cidade de Lugo para visitar a muralla romana (monumento declarado patrimonio da humanidade).

 

   No enlace poden consultar toda a información e descargar a autorización.

OPERACIÓN QUILO ... NO COLE

ANPA CASARDOMATO- CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ

OPERACIÓN QUILO... NO COLE

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Dende a ANPA CASARDOMATO do CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ de Ourense queremos pornos en contacto con todos os membros da comunidade educativa (profesorado e demais traballadores do centro, familias e alumnado) para:

1. Agradecer a implicación de todos/-as na actividade solidaria "OPERACIÓN QUILO... NO COLE" posta en marcha para axudar, dentro do posible, a que as familias con menos recursos poidan cubrir algunhas necesidades básicas.

2. Lembrarlle a todos que este proxecto está deseñado dende a base pedagóxica de fomentar no alumnado do centro a solidariedade e a axuda real aos máis próximos.

3. Facer constar que este proxecto de axuda circunscríbese unicamente ao centro, sen interferir noutros que funcionan dende distintas entidades e institucións (ONGs, Cruz Vermella, Cáritas...) que se están responsabilizando de actuacións que corresponderían ás administracións públicas.

4. Informalos de que dende que se puxo en marcha este proxecto fóronlle subministrados alimentos, roupa e calzado, en dúas ocasións, a dezaseis (16) famillias da nosa comunidade, e en tres ocasións a tres (3) familias. Ademais, un restaurante da zona está colaborando co proxecto, facilitándolle, de xeito gratuito, diariamente comida a unha familia.

POLO QUE...

AGRADECEMOS A SOLIDARIEDADE DE QUEN AXUDA COA APORTACIÓN DE ALIMENTOS E ROUPA E SEGUIMOS SOLICITANDO O APOIO DE QUEN POIDA SEGUIR COLABORANDO.

ÁNIMO PARA TODO TIPO DE ACCIÓN SOLIDARIA!                                               

UN CORDIAL SAÚDO  

Powered by Drupal - Design by artinet